Site icon Crónica3.com A Mariña

Usuarios da asociación de axuda ao enfermo mental “A Mariña” viaxa ás Rías Baixas

VIAXE ÁS RÍAS BAIXAS
Mañá , día 23 de agosto  varios usuarios dos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña”, xunto con un monitor e a Directora Técnica Xeral, Dna. María José Nóvoa, dispóñense a pasar unha estancia de catro días nunha casa de turismo rural, pertencente a FEAFES e localizada en A Guarda.

Dende alí  faran distintas visitas  pola zona , como Vigo, Baiona e  incluso ó País veciño, Portugal, como Balença do Miño e Vilanova de Cerveira

Esta viaxe contémplase dentro dun programa de respiro familiar que ten como obxetivos básicos favorecer a socialización e convivencia entre os usuarios diagnosticados de enfermidade mental, ao mesmo tempo que se ofrece ás familias un respiro e un tempo de esparcemento que favoreza a renovación do clima familiar.

Tódolos usuários están moi ilusionados coa próxima viaxe, destacando que ésta repercutirá  moi positivamente na súa mellora terapêutica.

Exit mobile version