Site icon Crónica3.com A Mariña

Vicente Sempere pregoou as festas de San Lourenzo en Foz

Onte celebrouse o Pregón das Festas de San Lourenzo que
correu a cargo de D. Vicente Sempere. Un home relacionado coa cultura
focense, onde traballou a reo no Feitizo ou na Coral Polifónica. Ao longo do
seu pregón referiuse a estas dúas asociacións, aos proxectos que se
iniciaron nelas e que tiveron continuación ata a actualidade (mostra
folklórica, encontró Galaico-Astur de Corais,…) aos seus primeiros
contactos coa xente de Foz, … Fixo un percorrido por eses 30 anos no que
foi un activo na vida cultural focense e dos que garda grandes amizades
xunto cun gran agarimo por Foz.

A concelleira de Cultura, Mercedes González Alonso,
presentou ao pregoeiro e fixo fincapé na importancia do movemento asociativo
na vida dos concellos. Pola súa parte o alcalde, Javier Jorge Castiñeira,
agradeceu non só a presenza do pregoeiro, senón tamén o traballo da Comisión
de Festas, a Asociación Sempre Foz.

Exit mobile version