Site icon Crónica3.com A Mariña

15.793 estudantes iniciaron hoxe o curso en ESO, Bacharelato e Ensinanzas de réxime especial na provincia de Lugo

PRETO DE 16.000 ESTUDANTES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA, BACHARELATO E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL INICIARON HOXE CON NORMALIDADE O CURSO 2012-13 NA PROVINCIA DE LUGO

Lugo, 17 de setembro de 2012.- Un total de 15.793 estudantes, segundo os datos provisionais, iniciaron no día de hoxe o curso 2012-13 clases en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Ensinanzas de réxime especial nos centros educativos da provincia de Lugo.

Ademais a xornada de hoxe tamén ábrese para os ciclos formativos de Formación Profesional e nos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que se imparten nos institutos de educación secundaria (IES) e nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) de Lugo. Os datos de número de matriculados nestas ensinanzas coñeceranse nas vindeiras semanas, unha vez remate o prazo de matriculación de alumnas e alumnos na segunda adxudicación do período extraordinario de admisión

Neste sentido, cómpre lembrar que este curso implántanse de forma anticipada en toda Galicia 27 títulos de formación profesional, que responden ás cualificacións que demandan os sectores produtivos galegos, o que significa 2600 novas prazas na comunidade -máis dun 12% por riba do curso anterior-.

Educación Secundaria

Os 9285 alumnos que hoxe comezan o curso en centros lucenses que imparten ESO distribúense segundo a titularidade dos centros do seguinte xeito:

Centros públicos Centros privados non concertados Centros privados concertados
Lugo 7.213 alumnos 241 alumnos 1.831 alumnos

Nesta etapa educativa destaca un aumento do alumnado non nacionalizado español, que chega aos 776 alumnos, o que supón 102 alumnos máis que no curso precedente.

2011/2012 2012/2013
Lugo 674 alumnos 776 alumnos

Bacharelato ordinario

Polo que respecta ao bacharelato ordinario, un total de 3327 estudantes comezaron no día de hoxe as clases na provincia. Destes mesmos, son 1670 os alumnos matriculados no primeiro curso do bacharelato. No segundo curso, son 1657 os estudantes matriculados na provincia.

Por distribución segundo a titularidade dos centros, a táboa é a seguinte:

Centros públicos Centros privados
Lugo 3.054 alumnos 273 alumnos

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español aumenta lixeiramente respecto do curso pasado, pasando de 84 alumnos a 92.

Ensinanzas regradas de música

Para o curso 2012-2013, os datos provisionais de alumnado para as ensinanzas regradas de Música recollen 1167 matriculados en Lugo, dos 8147 totais cos que conta a comunidade galega. En base a se os alumnos estudan en conservatorios de música ou en centros autorizados, a táboa sería a seguinte:

Conservatorios de música Centros autorizados de música
Lugo 1.012 alumnos 155 alumnos

Outras ensinanzas regradas

En total son 353 os matriculados en Ensinanzas regradas de Danza e Arte Dramático para o vindeiro curso 2012-2013 en toda Galicia, dos que 192 corresponden a Lugo. Así mesmo, na provincia de Lugo tamén inician hoxe as clases 94 matriculados en ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño. Por último, o inicio do exercicio 2012-13 tamén supuxo o comezo das clases para os 22 matriculados en ensinanzas deportivas.

Ensinanzas de adultos

No que atinxe ás ensinanzas para adultos, os datos provisionais recollen que 1.706 estudantes deron comezo ao curso 2012/2013 na provincia de Lugo.

Por tipo de ensinanzas a distribución é a seguinte:

Lugo
Ensinanzas básicas nivel I e II 114 alumnos
Ensinanzas de secundaria para adultos 703 alumnos
Bacharelato presencial 317 alumnos
Bacharelato semipresencial/distancia 572 alumnos
Exit mobile version