Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de “Axuda ao enfermo mental A Mariña” participará no xogo xigante de Sogama

A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA PARTICIPARÁ MAÑÁ NO XOGO XIGANTE DE SOGAMA:

Dentro da Política de Calidade da Asociación de Axuda ó Enfermo mental A Marina, tal como foi definida e avalada póla directora técnica Xeral, Dna. María José Nóvoa, temos como compromiso, entre outros : Promover a integración social e laboral dos nosos usuarios coa conseguinte integración e sensibilización por parte da sociedade .

De ahí que sexa importante que os usuarios dos nosos Centros de Rehabilitación participen en distintas actividades sociais promulgadas polo Excmo. Concello de Burela .

Unha desas actividades terá lugar mañá, grazas á invitación de Gaia, participaremos no Xogo Xigante de Sogama, onde nos ensinarán a mellorar a xestión de resíduos que producimos.

O obxetivo desta iniciativa é que os nosos usuários poidan aprender, pero tamén divertirse e entreterse a través dun dos instrumentos didácticos de maior peso: o xogo.

O xogo xigante dos residuos de Sogama é unha ferramenta coa que os xogadores poderán interiorizar as pautas a seguir para xestionar os seus refugallos de forma racional e responsable, ademais de ter a oportunidade de coñecer con máis detalle o labor desta entidade pública en Galicia.

Do mesmo xeito, a próxima actividade de integración social e sensibilización da sociedade terá lugar o próximo domingo 16, debido á Semana da Mobilidade , organizada pólo Excmo. Concello de Burela.

Neste caso , poñeremos um stand com pezas artesanais elaboradas nos talleres ocupacionais , tanto para expoñer como para vender, ó mesmo tempo que daremos folletos informativos sobre a enfermidade mental crônica (de 5 a 7)

Nesta ocasión tamén imos desenvolver un taller de foami para os mais pequenos, e haberá unha actuación de maxia, por parte dun dos nosos usuários; todas elas, actividades encamiñadas á integración dos nosos usuários na comunidade.

Exit mobile version