Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de produtores de madeira Promagal constitúese sociedade cooperativa

Promagal Sociedade Cooperativa Galega
“PROMAGAL CONSTITÚESE EN SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA”
Este xoves, 27 de Setembro de 2012, o Consello Reitor de “PROMAGAL
COOPERATIVA AGRARIA GALEGA” rexistrou os seus Estatutos ante notario,
quedando legalmente constituída.
28 de Setembro 2012. En Narón, o 27 de Setembro ás 19 h. lévase a cabo ante notario a
constitución de “Promagal Sociedade Cooperativa Galega”. Previo a este trámite, o 11
de Setembro de 2012 en Santiago de Compostela, o grupo de asesores de Promagal
formalizan os Estatutos da Sociedade perante o Rexistro de Cooperativas de Galicia.
A creación de “Promagal Sociedade Cooperativa Galega” permitirá aos seus socios a
comercialización da madeira en mercados competitivos, a prezos diferenciados e con
tódalas garantías económicas e de explotación sostible dos montes.
Neste acto de constitución, estivo presente o Consello Reitor da Cooperativa, en
representación dos 47 socios fundadores, iniciando a súa andadura nas vindeiras
semanas, concretando diferentes negociacións abertas ao longo destas semanas

Exit mobile version