Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños O Tesón, de Ribadeo, organiza unha viaxe social a finais de setembro

Será o sábado 29 a Mondoñedo, onde se verán a catedral, o santuario dos Remedios, o museo diocesano, o barrio dos muíños, etc, sendo guiados por José Mª Rodríguez, socio de O Tesón e coñecedor en profundidade de Mondoñedo. A saída será ás 10 da mañá da praza do mercado, voltando a media tarde. Comerase nun restaurante do centro de Mondoñedo. Poderán apuntarse tanto asociados como persoas que aínda non o sexan, chamando ao 629806592 ou ao 696200678 ou poñéndose en contacto con algún membro da directiva, ata o día 27.

Exit mobile version