Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión de listas ratifica a lista proposta polo PSOE de Lugo

A Comisión de Listas ratifica a lista electoral proposta polo PSOE de Lugo

-A candidatura combina renovación, veteranía, representación
de todo o territorio e bagaxe profesional, cumpríndose así o
compromiso de Besteiro ó ser nomeado Secretario Xeral dos
socialistas lugueses
– Con Concepción Burgo como número 1, é a única lista
provincial en Galicia encabezada por unha muller
– Busca conducir á comunidade hacia ó cambio e abrirlle as
portas do futuro á provincia, “a máis castigada por Feijóo”

A Comisión Nacional de Listas do PSdeG-PSOE ratificou este luns a lista
provincial para as eleccións autonómicas proposta polos socialistas
lugueses. A candidatura, que contou co apoio unánime da Executiva
do PSOE de Lugo na súa reunión do pasado venres, caracterízase por
combinar renovación, veteranía, representación de todo o territorio e
bagaxe profesional.

Destaca así mesmo a forte presencia de mulleres, sendo, con
Concepción Burgo como número 1, a única lista provincial en Galicia
encabezada por unha muller.

Deste xeito, cúmprese o compromiso do Secretario Xeral dos socialistas
lugueses, José Ramón Gómez Besteiro, de renovar, “mover banquillo”,
co fin de acender o motor do cambio na Xunta de Galicia, como ocorreu
hai cinco anos na Deputación de Lugo, e abrirlle as portas do futuro á
provincia, “a máis castigada por Feijóo”.

A composición da candidatura responde así mesmo o propósito de
facer o partido útil á sociedade, dando solucións ós seus problemas,
e de situar á provincia no lugar que lle corresponde, “implantando
outro modelo hoxe desterrado pola neodereita de Núñez Feijóo: o das
conquistas sociais e os servizos públicos”.

Consolida unha nova etapa
A lista consolida a apertura dunha nova etapa no Partido Socialista de
Lugo, iniciada coa renovación da propia Executiva provincial, que ten
catro piares: que o PSdeG volva a ser referencia política no país; loitar
contra o que non é xusto; fortalecer o partido; e acadar de novo un
proxecto maioritario de goberno que sume ós progresistas en torno a
un proxecto de centro-esquerda galeguista no que os xóvenes teñan un
papel crucial.

Exit mobile version