Fernando Suárez explicou que esta feira serve para rematar a tempada dos mercados dos domingos en Ribadeo, que organizan a asociación de productores A Sucadoira e o Concello, e anunciou que voltarán a celebrarse na vindeira primavera. O rexedor salientou a importancia das produccións agrícolas locais e dixo que este sector pode ser unha saída para os desempregados, polo que o Concello solicitará á Xunta un obradoiro de emprego relacionado con este campo.
Mouriño Cuba fixo referencia á importancia de mellorar a comercialización dos productos hortícolas que se cultivan na zona.
Na feira os cociñeiros Manuel López Valencia (do Voar) e José Blanco (de La Solana) elaboraron diante do público platos nos que os ingredientes principais eran productos da horta cultivados por agricultores da zona.