Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo presenta a súa campaña promocional “Mar de Lugo”

NO SALÓN DE ACTOS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE BURELA, VENRES 29 SETEMBRO ÁS 12:30

A FEDERACIÓN DE COFRADÍAS DE PESCADORES DE LUGO PRESENTA A SÚA CAMPAÑA “MAR DE LUGO”

A presentación da campaña celebraráse mañá venres 29 de setembro ás 12h30 no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela, coa presencia de Juan Carlos Maneiro, Secretario Xeral do Mar, da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.

A Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo presenta a súa campaña promocional “MAR de LUGO” , que ten o obxectivo de divulgar a actividade dos nosos pescadores e mariscadores, dando a coñecer máis ó sector pesqueiro de Lugo, os métodos de traballo e as artes de pesca máis empregadas, así como os peixes máis característicos da zona.

O acto de presentación, que terá lugar no Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Burela, contará coa presencia do Secretario Xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro, que tamén asistirá á reunión da Xunta Xeral da Federación Provincial de Confrarías, onde se tratarán varios asuntos de interese para as confrarías de pescadores da Mariña.

O proxecto “MAR de LUGO” creouse para difundir as actividades desenvolvidas polas Confrarías de Pescadores de Lugo na xestión da pesca costeira e o marisqueo nunha zona como A Mariña, altamente dependente da pesca, co obxectivo último de manter a capacidade de pesca, o volumen de flota e de emprego, intentando mellorar a rentabilidade dos nosos pescadores e mariscadores.

A campaña de promoción está formada por unha serie de material audiovisual e multimedia: a páxina web www.mardelugo.es, na que se explica o proxecto, un dvd documental sobre a labor das confrarías de pescadores de Lugo, 10.000 guías explicativas das confrarías de pescadores, 5.000 mapas ilustrados das confrarías e principais artes de pesca, e diferentes puntos de información situados en cada unha das confrarías da costa de Lugo.

Nun primeiro momento vanse distribuir directamente 500 lotes de material divulgativo por toda a provincia de Lugo, incluindo toda a rede de centros escolares, bibliotecas municipais e principais oficinas de turismo nos Concellos, así como estar presentes a través do sector hostaleiro (hoteis e casas de turismo rural) de tódolos concellos de A Mariña.

A campaña vai estar a disposición do público a través da páxina web www.mardelugo.es, así como nas 6 confrarías de pescadores de Lugo e nas institucións públicas relacionadas co mar e a pesca. Asimesmo tanto a Federación Provincial como a Federación Galega de Cofradías apoiarán esta campaña coa distribución do material promocional en feiras e outros eventos do sector pesqueiro.

Exit mobile version