Varios dos eucaliptos de Chavín superan os cen anos e constitúen auténticos monumentos vexetais, acadando as maiores dimensións desta especie en Europa
A XUNTA VÉN DE RECUPERAR UN DOS ENCLAVES NATURAIS MÁIS IMPORTANTES DA MARIÑA LUCENSE, TRAS REMATAR AS OBRAS DE MELLORA DO SOUTO DA RETORTAS, EN VIVEIRO
? É un predio de 3,2 hectáreas, nas proximidades do río Landro e pertencente á parroquia de Chavín, a 6 quilómetros de Viveiro, no que se sitúa un rodal de eucaliptos de gran singularidade pola lonxevidade e extraordinarias dimensións das súas árbores
? As obras realizadas consisten na creación e mellora dos elementos de uso público que faciliten o percorrido pedestre a través do espazo natural; e contaron cun orzamento de máis de 21.000 euros
Santiago, 15 de setembro de 2012.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de rematar as obras de mellora e posta en valor do espazo natural do monumento do Souto das Retortas, tamén coñecido como o Eucaliptal de Chavín, situado na localidade lucense de Viveiro. Trátase dun predio de 3,2 hectáreas, nas proximidades do río Landro, pertencente á parroquia de Chavín, concretamente a seis quilómetros de Viveiro, no que se sitúa un rodal de eucaliptos (Eucalyptus globulus) de gran singularidade pola lonxevidade e extraordinarias dimensións das súas árbores.
Os eucaliptos de Chavín superan en varios exemplares os cen anos e constitúen auténticos monumentos vexetais, chegan a acadar as maiores dimensións desta especie en Europa Concretamente, un exemplar en particular, chamado ‘O avó’ alcanza unha altura de 61,8 metros. e un perímetro de 7,6 metros.. O estrato arbóreo inferior do rodal de eucaliptos está constituído por un bosque caducifolio climático (carballeira acidófila colina galaico-asturiana).
Lugar de Interese Comunitario
O Souto da Retorta está incluído no lugar de Interese Comunitario ‘Río Landro’ e foi declarado Monumento Natural no ano 2000. As obras realizadas consisten na creación e mellora dos elementos de uso público que faciliten o percorrido pedestre a través do espazo natural.
As obras que se levaron acabo consistiron en varias actuación e contaron cun orzamento de máis de 21.000 euros:
1.- Pavimentación de acceso mediante a disposición dunha capa de comprensión de formigón e colocación de pedra natural.
2.- Bacheado da senda peonil dentro do souto mediante achega e compactación de zahorra.
3.- Reparación e mellora de varandas e das cadeas de protección.
4.- Reparación de dúas columnas de cantería na entrada.
5.- Reparación de bancos de madeira.
6.- Colocación dun enreixado metálico para a recollida de pluvial.
7.- Instalación de paneis informativos dos valores do souto, que se colocarán nas vindeiras semanas.