Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta rematan un proxecto piloto para diminuír o consumo enerxéticos no peirao de Celeiro

A SUBSTITUCIÓN DE LUMINARIAS NO PORTO DE CELEIRO PERMITE DIMINUÍR OS CONSUMOS ENERXÉTICOS EN MÁIS DO 50%

As Consellerías de Economía e Industria e do Medio Rural e do Mar rematan un proxecto piloto que suporá un aforro superior aos 3.300 euros ao ano na zona incluída no estudo
Evitarase a emisión á atmosfera de preto de 10.000 toneladas de CO2 por exercicio

Viveiro, 28 de setembro de 2012.- As Consellerías de Economía e Industria e do Medio Rural e do Mar veñen de rematar un proxecto piloto de iluminación exterior desenvolvido no Porto de Celeiro e que, segundo as primeiras comparativas feitas con respecto ás antigas luminarias, permitirá reducir os consumos enerxéticos das instalacións incluídas no estudo en máis do 50%. Así o deron a coñecer hoxe o director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, e o presidente de Portos de Galicia, José Juán Durán, que estiveron nas instalacións portuarias supervisando o avance do proxecto.

“A través desta iniciativa substituíronse unha serie de luminarias ubicadas nos viais da zona sur próximos á lonxa por outras máis eficientes, cun menor consumo, un custo de mantemento inferior, e unha mellor conservación ambiental”, explicou Durán. En total, instaláronse 63 lámpadas tipo LED que, dada a súa maior eficiencia, se poden regular en potencia e intensidade, reducindo o número de horas de uso.

Neste sentido, e segundo apuntou Diéguez, “as características das novas luminarias permitirán pasar dun consumo de case 50.000 kWh/ano rexistrados anteriormente a pouco máis de 25.000 kWh/ano, cifras que suporán, para o Porto de Celeiro, un aforro económico duns 3.000 euros por exercicio sobre os 6.000 que pagaba ata o de agora na zona na que se leva a cabo o proxecto”. Redúcese, ademais, a potencia total instalada nun 36,7%.

A iniciativa, desenvolvido pola empresa Tecno Solydi, permitiu, ademais da substitución das lámpadas, a implantación dun sistema de telexestión e dun control remoto en tempo real do consumo do alumeado. O conxunto da nova instalación suporá unha redución das emisións a atmosfera de case 10.000 kg de CO2 ao ano, cifra equivalente á plantación de preto de 500 árbores.

Este proxecto únese a outros xa desenvolvidos entre o Inega e Portos de Galicia para implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética nas instalacións e actividades portuarias. Así, téñense realizado estudos de viabilidade para a implantación de redes de recarga de vehículos eléctricos e para a implantación de plantas de coxeración – trixeración nos portos do ente autonómico, ou desenvolvido auditorías nas iluminacións dalgúns portos como os de Ribeira, o Grove ou o propio Celeiro.

Exit mobile version