Site icon Crónica3.com A Mariña

Ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de Ribadeo

O LUNS ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE RIBADEO. NESTE CURSO IMPÁRTENSE 12 MODALIDADES.

Ribadeo, 14 de setembro de 2012. O vindeiro luns, 17 de setembro, ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais que organiza a Concellaría de Deportes de Ribadeo en colaboración coa OMIX e a Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo. As modalidades que se impartirán son: atletismo, baile deportivo, baloncesto, fútbol, fútbol-sala, karate, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica.

O prazo de inscrición remata o 28 de setembro e o pago da matrícula poderáse facer ata o vindeiro 16 de outubro. A falta deste ingreso implicará a baixa na/s escola/s deportiva/s. No caso das actividades con límite de prazas como é o caso da patinaxe, da natación e do pádel haberá un sorteo entre todos os inscritos o 1 de outubro. Neste caso terán preferencia os nenos e nenas empadroados/ escolarizados en Ribadeo.

As inscricións realizaránse de luns a venres de 9 a 14 horas na Casa da Xuventude e os martes e mércores tamén de 16 a 20 horas. As escolas deportivas de Ribadeo están dirixidas a nenos e nenas nados entre os anos 1999 e 2008

Exit mobile version