A CASA DA CULTURA DE FOZ ACOLLERÁ UNHA CONFERENCIA SOBRE O IRPF E O IVA 2012. SERÁ O 25 DE SETEMBRO ÁS OITO DA TARDE. A CHARLA ESTÁ ORGANIZADA POR ACIA FOZ E A DELEGACIÓN COMARCAL DE FACENDA.
José Carlos Paleo, presidente de ACIA Foz, sinala que “é o terceiro ano que entre a Delegación Comarcal de Facenda e a nosa asociación organizamos unha charla deste tipo para ir abordando as novidades máis importantes que se producen para os cidadáns en xeral, e para o comercio e a hostalería en particular”.
A charla do vindeiro martes será pronunciada por dous técnicos de Facenda en Foz: Mario Manuel Queipo Rodríguez e Ana Isabel Fernández García. Na conferencia analizaránse as principais novidades sobre o novo IVA, que entrou en vigor a principios deste mes de setembro, e as situacións derivadas de impagos e concursos de acreedores. E tamén se falará do IRPF, das novidades e da consideración sobre as dacións en pago.
Paleo anima a asistir a esta charla “a todos os interesados, empresarios, autónomos ou cidadáns en xeral de toda a comarca que queiran coñecer máis polo miudo as principais novidades do IVA e do IRPF deste 2012. A Delegación de Facenda está en Foz, pero é un servizo comarcal, de aí que estea destinada a todos os veciños e veciñas da Mariña”.