Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz organiza unha conferencia sobre o IRPF e o IVE 2012 na que intervirán dous técnicos de Facenda

A CASA DA CULTURA DE FOZ ACOLLERÁ UNHA CONFERENCIA SOBRE O IRPF E O IVA 2012. SERÁ O 25 DE SETEMBRO ÁS OITO DA TARDE. A CHARLA ESTÁ ORGANIZADA POR ACIA FOZ E A DELEGACIÓN COMARCAL DE FACENDA.

Foz, 21 de setembro de 2012. A Casa da Cultura de Foz acollerá unha conferencia sobre o IRPF e o IVA 2012. Será o vindeiro martes, 25 de setembro, a partires das oito da tarde. Está organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz e pola Delegación Comarcal de Facenda, ubicada nesta vila.

José Carlos Paleo, presidente de ACIA Foz, sinala que “é o terceiro ano que entre a Delegación Comarcal de Facenda e a nosa asociación organizamos unha charla deste tipo para ir abordando as novidades máis importantes que se producen para os cidadáns en xeral, e para o comercio e a hostalería en particular”.

A charla do vindeiro martes será pronunciada por dous técnicos de Facenda en Foz: Mario Manuel Queipo Rodríguez e Ana Isabel Fernández García. Na conferencia analizaránse as principais novidades sobre o novo IVA, que entrou en vigor a principios deste mes de setembro, e as situacións derivadas de impagos e concursos de acreedores. E tamén se falará do IRPF, das novidades e da consideración sobre as dacións en pago.

Paleo anima a asistir a esta charla “a todos os interesados, empresarios, autónomos ou cidadáns en xeral de toda a comarca que queiran coñecer máis polo miudo as principais novidades do IVA e do IRPF deste 2012. A Delegación de Facenda está en Foz, pero é un servizo comarcal, de aí que estea destinada a todos os veciños e veciñas da Mariña”.

Exit mobile version