Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfoz celebra o mes do teatro cos grupos Axóuxeres, Railoas, A Rabela, San Tirso del Eo e A Adala

MES DO TEATRO EN ALFOZ 2012.

Sábado, 20 de outubro, 20 horas.

GRUPO: “Axóuxeres” de Vilaronte. OBRA: “Véndese mula / A pousada”, adaptación da obra “Hotel sin co-estrellas”, de Román Sarmentero.

ARGUMENTO: Son dúas obras unidas nunha. Na primeira don Pedro quere vender unha mula vella; a súa filla Sara cóntalle que ten mozo e quere casar. A segunda ocorre durante un temporal: moita xente vai refuxiarse a un pobo no que só hai unha pousada, cuxo propietario intentará facer negocio como sexa.

Sábado, 27 de outubro, 20 horas.

GRUPO: “Raiolas” de Alfoz. OBRA: “O chufón”, de Xesús Rodríguez López.

ARGUMENTO: Enredos amorosos na casa do tío Mingos. Este quere casar a Carmela cun rico herdeiro, pero entran en xogo outros pretendentes e outros amores que na maioría dos casos se confunden uns cos outros. Comedia de principios do século XX na que se pode ver como era a vida na Galicia rural da época.

Sábado, 3 de novembro, 20 horas.

GRUPO: “A Rabela” de Baralla. OBRA: “Noivos por internet”.

ARGUMENTO: Unha parella leva moito tempo falando por internet e ó coñecérense descobren o falsa que pode chegar a ser unha relación pola rede.

Sábado, 10 de novembro, 20 horas.

GRUPO: “San Tirso del Eo” de San Tirso de Abres (Asturias). OBRA: “Nosotros, ellos y el duende”, de Carlos Llopis.

ARGUMENTO: Disparatada guerra de sexos. Eduardo está convencido de que as mulleres teñen un duende que lles axuda a conseguir todo o que desexan, mentres que Claudio sostén o contrario.

Sábado, 17 de novembro, 20 horas.

GRUPO: “A Adala” de Fazouro. OBRA: “Enredos”, de Paco Piñeiro.

ARGUMENTO: Todo transcorre nun centro hospitalario, no que se suceden as situacións esperpénticas. Diversos pacientes e doutores desfilan pola escena. Representación pensada para facer rir e para facer reflexionar sobre a importancia que ten que lles dediquemos o noso tempo ós demais.

Exit mobile version