Site icon Crónica3.com A Mariña

Alternativa Galega de Esquerda, AGE, creará comisións de apoio en distintas localidades de A Mariña

O pasado sábado 22 de setembro tivo lugar en Viveiro a primeira xuntanza na Mariña das distintas forzas que concorren en coalición as próximas Eleccións Autonómicas por Alternativa Galega de Esquerda (AGE),coalición integrada por ANOVA, Esquerda Unida (EU), EQUO e Espazo Ecosocialista; asi como , outros colectivos independentes e movementos sociais.
Nesta primeira toma de contacto as mencionadas principais formacións trataron as liñas mestras de cara a afrontar a campaña electoral dentro do eido comarcal.
Informase asimesmo da vontade de crear en breve “ Comisións de Apoio á Alternativa Galega de Esquerda” nas diferentes localidades da Mariña, neste sentido o vindeiro mércores día 29 as 20 horas terá lugar a primeira das xuntanzas na cafetería “ Costa Verde” da praza de España de Ribadeo.
Un dos puntos fortes desta primeira toma de contacto, foi o intenso debate sobre a situación na que se atopa na actualidade a factoría de Alcoa e a problemática da súa tarifa eléctrica, asunto que mantén en tensión a sociedade mariñense polo forte impacto que suporía a destrución de emprego nesta comarca de ter lugar o peche deste complexo.
AGE contempla con preocupación esta situación,preocupación que agrava a falta de transparencia e o ocultismo con que se estan a levar a cabo as negociacións por parte dos distintos axentes implicados; AGE, sumase así mesmo a todolos colectivos que dende a mariña loitan pola defensa dos postos de traballo nesta comarca,e comprometese a seguir traballando co obxecto de presentar á sociedade desta bisbarra alternativas que contemplen, tamén, a posibilidade de un escenario post-alcoa na Mariña

Exit mobile version