Site icon Crónica3.com A Mariña

Antonio Cabana e Francisca Romasanta do C.D.Egovarros-Viveiro campións de España de milla en ruta

ANTONIO CABANA E FRANCISCA ROMASANTA CAMPEÓNS DE ESPAÑA DE MILLA EN RUTA

O domingo celebrouse na localidade ourensá do Barco de Valdeorras o Campionato de España de Milla en Ruta onde os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro acadaron duas medallas de ouro. Antonio Cabana en M-70 fíxose có campionato de España cun tempo de 6 minutos e 33 segundos, batindo o record da proba que estaba en posesión de Vicente Balaguer en 6 minutos e 42 segundos; a súa compañeira de clube Francisca Romasanta tamén se proclamou campeona de España en W-60 cun tempo de 8 minutos e 14 segundos.

Ese mismo día celebrouse en Ribeira o Campionato Galego de 10 km en ruta onde os atletas do clube Egovarros-Viveiro tamén se fixeron con distintas medallas. Antonio Hernández foi ouro na categoría de M-65, o seu compañeiro Victor Sande acadou o bronce en M-45 e Eliseo López fíxose tamén coa medalla de bronce en M-60, a súa compeñeira Begoña de Arriba acadou a medalla de prata en W-55.

Exit mobile version