Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o BNG que a Deputación destinou 12.650 euros aos clubes e asociacións deportivas de Xove

Veiga destina máis de 12.000 euros

ao deporte de Xove

A Área de Deportes da Deputación destinou 12.650,00 euros aos diferentes clubes e asociacións deportivas de Xove. O departamento provincial, dirixido polo nacionalista Antonio Veiga, concedeulle axudas á Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, ao Clube de Baloncesto, ao Xove-Lago, ao Clube de Natación, aos Bolos, ao Fútbol-Sala e ás escolas deportivas da ACD Xove. Desde o Bloque xovense quixeron salientar que esta contribución ratifica o compromiso das áreas nacionalistas da Deputación co deporte local e amosa, de novo, “unha xestión transparente e aberta ás necesidades da xente”.

Marco López, portavoz municipal do BNG xovense, asegurou que os afeccionados ao deporte de base no seu concello “ben deitan” de que a Vicepresidencia da Deputación invista máis que o executivo autonómico no deporte de base. Un feito que sitúa a Deputación de Lugo como a administración provincial de réxime ordinario (as Deputacións Forais vascas gozan dun réxime fiscal especial) que máis inviste en deporte por habitante. “Este é un apoio básico para todos os clubes e asociacións deportivas que promoven estas actividades como piares do benestar nunha sociedade saudable e moderna”, asegurou López.

Exit mobile version