Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela agarda estrear un novo sistema de recollida de lixo para a hostalería

O CONCELLO AGARDA ESTREAR O NOVO SISTEMA DE RECOLLIDA DE VIDRO DO QUE SE BENEFICIARÁ A HOSTALERÍA LOCAL AO LONGO DESTE MES. O DISPOSITIVO XA LLES FOI PRESENTADO E “TIVO BASTANTE ACEPTACIÓN ENTRE O SECTOR”, SEGUNDO PATRICIA LÓPEZ.

Burela, 5 de setembro de 2012. O Concello agarda estrear o novo sistema de recollida de vidro do que se beneficiará a hostalería ao longo deste mes de setembro.

A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, confirmou que “os técnicos municipais xa visitaron aos hostaleiros para explicarlles en qué consistirá este novo dispositivo. Estamos contentos porque tivo bastante aceptación entre o sector”.

O Concello de Burela e Ecovidrio colaborarán para facilitar a recollida e a reciclaxe dos envases de vidro que xeneran os locais hostaleiros de Burela. López Eijo explicou que “na vila vánse instalar 9 contedores con boca industrial para que alí poidan vaciar os cubos con rodas cos que van contar os establecimentos. É decir cada hostaleiro adherido a esta campaña contará cun cubo, dotado con rodas, no seu local e cando estea cheo poderá desprazalo ata un dos contedores instalados en Burela e proceder ao seu vaciado, operación que será sinxela porque eses recipentes contan cunha boca industrial para facilitar esta operación”.

Nesta primeira fase son 25 os locais hostaleiros de Burela que contarán con este novo sistema de recollida de vidro.

Presenza de medusas

A Concellería de Medio Ambiente advirte da presenza de medusas nas praias de Portelo, Penoural e Ril e subliña que “queda prohibido o baño neses areais, e tamén se recomenda non tocar as medusas varadas na zona porque o contacto con elas pode producir irritación grave na pel”.

Exit mobile version