Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrouse en Foz a 7ª edición do Día da bicicleta

Hoxe celebramos a 7ª Edición do Día da Bicicleta, con gran afluencia de
participantes aos que desexamos darlles as grazas por facer deste sábado
unha festa do deporte. Máis de 150 persoas partiron desde o Parque Infantil
de Tráfico e percorreron a ruta das praias, pasando pola praia da Rapadoira,
Llas, Peizás e Pampillosa, ata chegar á zona de avituallamento, sita no
parque do río Ouro, nun fermoso contorno.

Posteriormente reanudaron a marcha para voltar ata o punto de inicio, onde a
concelleira de Deportes, que tamén participou no percorrido, entregou os
trofeos, que recaeron nos seguintes participantes:

O máis veterano: Pedro del Riego Fernández

A máis nova: Beatriz Fernández Méndez

A bici mellor engalanada: Juan Corrales Posada

Mellor disfraz: Alba Fernández García

Para finalizar esta tarde de deporte, realizouse un sorteo con diferentes
agasallos, con cascos, botellíns, contakilómetros,…

A concelleira de Deportes, Mercedes González Alonso, agradeceu a
colaboración de Frutas Morriña, Motos Baltasar, Perruquería e Estética
Isabel López, así como ao Club Ciclista, Protección Civil e Policía Local,
que fan posible a celebración deste evento.

Exit mobile version