Site icon Crónica3.com A Mariña

Chao de Castro-Altair comeza un novo ciclo de actividades de lecer edutacivo en Burela

ACTIVIDADES DE LECER EDUCATIVO PARA NENAS E NENOS

xogos, aventuras, descubertas, natureza, convivencia en grupo e acampamentos

Chao de Castro-Altair anuncia o comezo dun novo ano de actividades de lecer. Neste ano 2012/2013 as actividades terán lugar todos os sábados en Burela, entre as 16 e as 19 horas no local do grupo. O vindeiro sábado 29 de setembro às 16 horas dá comezo o primeiro trimestre deste novo ano de actividades que culminará cun acampamento no mes de decembro.

Alén disto a Equipa Educativa convida a todas as persoas interesadas a unha reunión informativa o próximo domingo día 30 de Setembro às 12:00 horas no local de Ledicia, Rúa do Ril nº 4, (cerca dos institutos). Todas as persoas interesadas poden receber mais información no número 626739849.

Acampamento de inicio de curso: 21, 22 e 23 de Setembro de 2012

PROXECTO EDUCATIVO:

Chao de Castro-Altair é un grupo educativo dirixido por unha equipa de educadoras/es voluntarias/os que pertence à Asociación Altair, movemento independente de educación nos tempos libres, para rapaces e raparigas de entre 8 e 18 anos. Finánciase con subsidios de institucións públicas e a cuota mensal de cada familia. Os seus obxectivos son os de formar persoas socialmente comprometidas, críticas e responsábeis, a través do xogo, os proxectos, traballos pola comunidade, o contacto coa natureza, o desenvolvimento de hábitos saudábeis e cooperativos, etc. Desenvolve a súa acción de maneira continuada con actividades semanais (os sábados) e con campamentos ao longo do ano. Chao de Castro-Altair traballa con nenas/os de 8 a 18 anos divididos por grupos de idade:

 Pícaras/os: de 8 a 9 anos. O xogo marcará toda a actividade. Irán aprendendo destrezas, competencias, adquirindo coñecementos, hábitos, desenvolvendo valores, etc.

 Insurras: de 10 a 11 anos. Idade en que o descubrir e saber cousas é fundamental. Descobre o mundo que o rodea, cos seus problemas, bens e oportunidades.

 Aventureiras/os: de 12 a 13 anos. Sitúanse uns obxectivos e repártense responsabilidades cun carácter lúdico e cunha finalidade de aventura.

 Pioneiras/os: de 14 a 15 anos. Aprendizaxe lúdico de coñecementos culturais, sociais, políticos, económicos, etc.

Argonautas: de16 a 17 anos. Nesta etapa deséñanse proxectos con carácter de servizo á sociedade.

MÁIS INFORMACIÓN:

chaodecastro.altair.burela@gmail.com

https://chaodecastro.wordpress.com/

http://www.altairweb.org/

Exit mobile version