Site icon Crónica3.com A Mariña

Coas contas do PP a Deputación de Lugo é a máis cara de Galicia

Novos datos obxectivos revelan o caro que lles sae o bipartito PSOE e BNG aos lucenses

O Goberno bipartito de Gómez Besteiro, o máis caro das catro Deputacións de Galicia

Malia que é unha das Deputacións que menos orzamento xestiona para unha poboación máis pequena é a que máis gasta no seu Equipo de Goberno de toda a Comunidade galega

Lugo, 4 de setembro de 2012.- O PP de Lugo ofrece novos datos obxectivos e totalmente comprobables que revelan o caro que lles sae aos lucenses o Goberno bipartito que preside o socialista José Ramón Gómez Besteiro. Os populares, baseándose en cifras totalmente rigorosas, afirman que a de Lugo é a Deputación provincial máis cara de Galicia. Para facer esta afirmación os populares comparan o custe que para os cidadáns supoñen os equipos de goberno das catro Deputacións galegas.

A MÁIS CARA DE GALICIA

Así por exemplo mentres que a Deputación de Ourense precisa tan só de 127.496,27 euros para retribuír ao seu Presidente e Vicepresidente, a de Lugo supera de longo o medio millón de euros para pagar os salarios do propio Gómez Besteiro, como Presidente, dos dous Vicepresidentes e dun longo número de Deputados delegados, a soldo da Deputación, nas distintas áreas que se repartiron socialistas e nacionalistas.

Tamén o Goberno bipartito lucense é máis caro que o Equipo de Goberno da Deputación de A Coruña, iso a pesar de que esta última xestiona maior orzamento e maior poboación que a de Lugo. A da Coruña conta cun Presidente, dous Vicepresidentes e tres Deputados de área remunerados por un total de 373.726 euros, lonxe tamén das cifras da Deputación lucense que, como xa explicamos superan o medio millón de euros.

O Goberno da Deputación de Lugo tamén é máis caro que o de Pontevedra. Nesta última provincia retribúen con 239.360 euros ao Presidente e tres Deputados do Equipo de Goberno, cifra tamén que está moi lonxe dos datos lucenses, que lembremos destinan para este concepto un total de 557.135 euros.

GASTO POR HABITANTE

Para valorar con maior xustiza os datos indicados hai que ter en conta que malia que é unha das Deputacións que menos orzamento xestiona, para unha poboación máis pequena, é a que máis gasta no seu Equipo de Goberno de toda a Comunidade galega, mostra do caro que para os cidadáns supón apostar por un modelo de Goberno bipartito.

No día de onte o PPdeLugo facía público que cada lucense tiña que destinar 1,65 euros dos seus petos para soster os salarios dos privilexiados membros do goberno bipartito provincial que preside José Ramón Gómez Besteiro, case oito veces máis caros que a Xunta, e moito máis caros que os 0,37 euros por habitante de Ourense, 0,24 euros por habitante de Pontevedra e 0,32 euros por habitante de A Coruña.

Dáse a circunstancia de que pese a ser moito máis cara a Deputación de Lugo que as da Pontevedra e da Coruña, estas últimas triplican e cuatriplican as cifras de poboación de Lugo.

Tal e como denunciou onte PP a Deputación de Lugo non só é a máis cara das catro deputacións galegas, senón que ademais o equipo que lidera o socialista Gómez Besteiro ten un custe de 557.135 euros, un cifra moi próxima aos 614.612 que o Goberno Galego destina aos seus Conselleiros e ao Presidente.

Resulta moi curioso que un Ente Provincial que xestiona case cen veces menos de orzamento que a Xunta, custe tanto como todo o Goberno galego.

ENGANO SOBRE SOLDOS

Por outra banda, desde o PP de Lugo lamentaron o afán do PSOE lucense que nestes días atópase obsesionado en enganar aos cidadáns, dando conta de falsas informacións sobre os salarios de políticos populares.

Afirman desde o PP que os socialistas están a lanzar auténticas falsidades sobre os salarios de membros do seu partido e dan conta desta manipulación do PSOE explicando que, por exemplo, non todos os cargos da Executiva popular reciben un salario da Administración Pública. “Aqueles que o fan, cobran porque son alcaldes, deputados, é dicir na súa condición de cargos públicos elixidos e refrendados polas urnas. Mentres que no caso de Lugo, o 40% da Executiva socialista está a soldo da Deputación, pero en calidade de asesores, persoal de confianza, isto é, nomeados a dedo polo Sr. Besteiro e sen ser votados para elo; ademáis existen dúbidas razoables sobre o lugar onde estes últimos exercen o seu traballo: Deputación ou Sede do Partido Socialista de Lugo”.

Exit mobile version