Site icon Crónica3.com A Mariña

Comarca de Mondoñedo Unida analizará diversos temas en asemblea e a evolucións do asentamento de industrias

O vindeiro xoves a plataforma ?Comarca de Mondoñedo Unida? celebrará unha asamblea

Mondoñedo, 29 de setembro de 2012.

Mondoñedo Unido, que a partir de agora pasará a denominarse ?Comarca de Mondoñedo Unida? e que está integrada por un total de 36 asociacións empresariais, veciñais, culturais, deportivas, educativas e da terceira idade, entre outras, celebrará unha asamblea ás oito e media da tarde na Casa da Xuventude de Mondoñedo.
Nesta xuntanza os representantes das diferentes asociacións que integran a plataforma tratarán temas relativos á composición e regularización da organización, así como a reelección do equipo de traballo que constitúe a súa mesa coordinadora.
Tamén aprobeitarán para facer unha análise sobre a evolucións dos últimos meses no asentamento de industrias na comarca.

CONVOCATORIA

REUNION-ASAMBLEA DA PLATAFORMA DE ASOCIACIÓNS ?COMARCA DE MONDOÑEDO UNIDA?
Integrada na actualidade por 36 asociacións nos ámbitos: Industriais, Veciñais, Culturais, Deportivos, Educativos, da Terceira Idade… da comarca de Mondoñedo.
XOVES 4 DE OUTUBRO DE 2012
AS 20,30 HORAS NA CASA DA XUVENTUDE DE MONDOÑEDO (SITA NA RÚA PACHECO A CARÓN DO CONVENTO DAS CONCEPCIONISTAS).
ORDE DO DIA:
1º Composición da Plataforma de Asociacións: Fines e Obxetivos. Balance Económico. Solicitude de aprobación de renomeamento da Plataforma por ?Comarca de Mondoñedo Unida? e Rexistro e Formalización da súa Constitución. Reelección do Equipo de Traballo da Mesa Coordinadora da Plataforma.
2º Análise da Reivindicación da Implantación de Industrias na Comarca.
Información da Solicitude de Convocatoria de Reunión da ?Mesa de Seguimento da Crise Industrial? formada por representantes das Institucións e a que se lle solicitou formar parte da mesma.
Información sobre a visita a Planta de Biomasa de Tineo (Asturias) coa proxección dun audiovisual e dos contactos coa empresa EOGAL . Información do proxecto da Empresa Agroalimentaria de Mondoñedo.
Análise da Reivindicación e petición de apoios para a continuidade do actual Partido Xudicial de Mondoñedo.
3º Propostas de Análise- Estudo:
A) Para a Creación ou potenciación: dunha empresa mixta de Turismo; dunha lonxa agro-gandeira- forestal; dunha asociación empresarial da comarca de Mondoñedo.
B) Para a Colaboración e Coordinación Institucional e Económica dos Concellos da Comarca de Mondoñedo nos ámbitos: Industriais, Turísticos, Culturais, Deportivos, Musicais… co criterio de do funcionamento conxunto para optimizar os recursos e de aumentar a poboación usuaria que permita a sostenibilidade económica dos mesmos.
4º Rogos e Preguntas.
Agradecendo a túa presenza e a dos vos@s asociad@s, por ben de loitar polo futuro e a sostenibilidade da poboación na nosa comarca.

Exit mobile version