Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso x Galicia insta os concellos da Mariña a solidarizarse cos traballadores de Alcoa e realizar un apagón xeral do alumeado público

COMPROMISO X GALICIA INSTA OS CONCELLOS DA MARIÑA A SOLIDARIZARSE COS TRABALLADORES DE ALCOA E REALIZAR UN APAGÓN XERAL DO ALUMEADO PÚBLICO DOS CONCELLOS DA MARIÑA LUCENSE.

Este xoves pola defensa dos postos de traballo, está organizado un apagón xeral na mariña lucense estre as 21.30 e as 21.45, dende Compromiso x Galicia e o noso candidato na provincia de Lugo, instamos a todos os alcaldes dos concellos da mariña lucense a solidarizarse con todos os traballadores, ó tempo que defender toda a riqueza que xera, directa ou indirectamente a planta de Alcoa San Cibrao.
Dende CxG consideramos que todos os concellos da mariña se debe colaborar en todo o posible pola defensa desta causa común, que non só repercute nos traballadores da fábrica de Alcoa senón na estructura económica da comarca e da provincia de Lugo.
Coa colaboración dos concellos, realizando tamén un apagón do alumeado público consegiríamos que está medida de apoio fora unha verdadeira chamada de antención o goberno do estado pola defensa do interés xeral da mariña.

Exit mobile version