Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristobal Rodríguez clasificouse para a final do campionato do mundo júnior

CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, CLASIFICADO PARA A FINAL DO CAMPIONATO DO MUNDO JÚNIOR

O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo logrou o seu obxectivo, ao clasificarse para a gran final do Campionato do Mundo de Péntatlon Júnior, que se está a disputar en Polonia. Cristóbal rematou a súa semifinal na 12ª posición con 4.400 puntos, mentres que o outro español Aleix Heredia quedou fóra da final do sábado, tras rematar na posición 15ª no seu grupo.

Cristóbal logrou a cuarta posición na proba de esgrima, onde sumou 904 puntos, mentres que na natación foi o sétimo mellor cun tempo de 2:05:56. Finalmente confirmou a súa clasificación na combinada (carreira e tiro), onde tivo máis problemas xa que foi o 14 mellor do seu grupo. Coa suma de todas as probas Cristóbal foi 12º con 4.400 puntos finais.

O sábado 8 de setembro os 36 participantes clasificados terán que realizar todas as probas (esgrima, natación, hípica e combinada) e Cristóbal tentará facer unha boa competición. Quedou fóra da final do sábado Aleix Heredia, que ocupou a posición 15ª (se clasifican 12).

Exit mobile version