Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o BNG que para o PP ampliar un hospital é sinónimo de colocar catro casetas de obra

O BNG DA MARIÑA DENUNCIA QUE PARA O PP AMPLIAR UN HOSPITAL É SINÓMIMO DE COLOCAR CATRO CASETAS DE OBRA

Ana Ermida recorda que o presidente Feijóo prometeu até en cinco ocasións a ampliación do Hospital da Costa que continúa sen acometerse

“Nin José Manuel Barreiro nin ninguna persoa do PP están lexitimados para facer promesas electorais sobre a sanidade pública”

Os nacionalistas apostan por un sistema sanitario público e de calidade para superar as desigualdades sociais

A candidata ás eleccións autonómicas recorda á Xunta que “ter sen contrato aos traballadores é ilegal”

A Mariña, 21 de setembro de 2012. Durante un acto enmarcado na campaña ‘O Futuro da Mariña’ celebrado hoxe en Burela, a candidata ao Parlamento galego, Ana Ermida, denunciou a“devastadora política sanitaria do Partido Popular cuxo obxectivo último é a privatización”.

“Durante os últimos tres anos e medio –explicou Ermida- a atención sanitaria na comarca da Mariña empeorou considerablemete. Os populares empregaron os recursos públicos para satisfacer comodidades da xerencia do Hospital da Costa en lugar de facer que ditos recursos repercutiran na atención dos pacientes. Ao tempo que se reducían as contratacións de persoal durante o período estival, o que afecta de xeito negativo aos coidados que deben recibir os pacientes, facíanse novos despachos e adquiríanse dispositivos electrónicos de última xeración para a dirección do hospital; accións que proban a escasa optimización dos recursos públicos e a falla de criterio para xestionalos”.

En polo menos cinco ocasións o propio presidente da Xunta prometeu a aprobación dun Plan Director para a ampliación do Hospital da Costa e, sen embargo, o único que fixo foi colocar catro casetas de obra para pasar consulta. “Con estes antecedentes as declaracións de José Manuel Barreiro prometendo, unha vez máis, a ampliación de dito hospital carecen de credibilidade. O presidente dos populares lucenses debera explicar se para él ampliar un hospital consiste en colocar catro casetas de obra”.

Para Ana Ermida “esta é a primeira lexislatura da historia da autonomía galega na que se degrada tanto a sanidade pública e os seus traballadores”, e recordou algunas das decisións da dirección hospitalaria como suministrar so una botella de agua ao día aos enfermos ou cambiar a colcha da cama una vez á semana.

Fronte aos recortes do Partido Popular, a candidata nacionalista asegurou que garantir un sistema sanitario público de calidade e obxectivo prioritario do Bloque Nacionalista Galego. “É preciso, e o BNG pode facelo, reforzar o sistema sanitario galego como instrumento para superar a desigualdade e converterlo, tamén, nun motor económico.”

Empregos sen contratos no Hospital da Costa

Ao respecto das denuncias dos traballadores eventuais sobre a existencia de persoal sen contrato, Ana Ermida esixe ao presidente da Xunta e á conselleira de Sanidade que “aclaren esta situación” e recórdalles que “de demostrarse, estarían incurrindo nunha grave ilegalidade e atentando contra os dereitos dos traballadores”.

Exit mobile version