Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista presenta un informe con propostas lexislativas en novas tecnoloxías

Espazo Ecosocialista presenta un informe con propostas lexislativas en novas tecnoloxías

Ecosocialistas considera necesaria superar a ‘fenda dixital’ para avanzar na democratización nas redes e na igualdade de oportunidades

En Galicia a 28 de setembro de 2.012

Os vindeiros 18 e 19 de outubro terá lugar en Compostela a “Libre Software World Conference 2012”1 o maior evento que se desenvolverá no estado, con ampla repercusión e participación internacional.

A proximidade do evento fainos reflexionar sobre a importancia do emprego das novas tecnoloxías e ao mesmo tempo aportar propostas de futuro.

É indubidábel o impacto transversal que as novas tecnoloxías da información e comunicación teñen na nosa vida cotiá, tanto a nivel individual como colectivo, e no conxunto de tódolos ámbitos de actividade.

A realidade amosa que namentres o seu emprego medra de xeito exponencial nas sociedades ou núcleos máis desenvolvidos, outra parte da sociedade ten dificultades de acceso, o que provoca o coñecido como “fenda dixital” que aumenta na cidadanía as diferenzas sociais, económicas, xeracionais, profesionais, formativas…

Segundo Espazo Ecosocialista compételle á administración pública remover as dificultades, e estas non se limitan á posibilitar o acceso. A responsabilidade de asegurar a formación e capacitación caen tamén no seu ámbito de competencias. O mesmo que a definición e o desenvolvemento de ferramentas para asegurar a protección dos dereitos dixitais da cidadanía.

Sen dúbida, outra das características destas novas tecnoloxías e a posibilidade de acceso ao coñecemento. Sendo a cultura e polo tanto o acceso ao coñecemento un dereito xenuíno e inherente a condición humana, neste novo proceso de ilustración da idade dixital, precísase de lexislación que o fomente, asegure e protexa.

Para os Ecosocialistas as actividades neste sentido da administración pública en xeral e da galega en particular teñen sido erráticas, dubitativas e lentas, propias dunha actividade interesada puntualmente en obxectivos concretos e non na consecución da meta final.

Esta meta non pode ser outra que acadar o emprego de xeito xeral e igualitario das novas tecnoloxías polo conxunto da sociedade, alicerzándose en tres aspectos fundamentais:

Posibilitar o acceso xeral ás ferramentas,

emprego de ferramentas libres,

formación.

Desde a Comisión de Radicalidade Democrática e Liberdades do Espazo Ecosocialista Galego propoñense para a lexislatura que se vai inciar unha serie de propostas co obxectivo de acadar o emprego das novas tecnoloxías baseado nos principios de igualdade, transparencia e participación, e na implantación de ferramentas xustas e éticas no seu emprego.

As propostas forman parte de cinco obxectivos:

1.- Definir, establecer e asegurar a participación do conxunto da sociedade nos diferentes procesos (identificación de problemas, estudo de solucións, definición de obxectivos a curto e medio prazo…) establecendo as canles e ferramentas que foran precisas.

2.- Estudo, definición e implantación dos instrumentos e ferramentas para construír unha política inequívoca da tecnoloxía e coñecemento libre.

3.- Definición de estratexias para o estímulo do modelo produtivo de tecnoloxías libres.

4.- Desenvolvemento do marco normativo que, favoreza o seu impulso e axilice a súa implantación no conxunto da sociedade.

5- Asegurar e incluír as tecnoloxías libres na educación a tódolos seus niveis: primaria, secundaria, profesional, universitaria e formación continua. Fomentando metodoloxías de traballo comunitario e colaborativo que baixo os modelos de “aprender compartindo” promovan a formación dunha cultura reflexiva e responsábel da tecnoloxía.

Documento sobre Novas Tecnoloxías
Comisión de Radicalidade Democrática e Liberdades
Galicia, setembro 2012

Os vindeiros 18 e 19 de outubro terá lugar en Compostela a “Libre Software World Conference 2012”1 o maior evento que se desenvolverá no estado, con ampla repercusión e participación internacional.

A proximidade do evento fainos reflexionar sobre a importancia do emprego das novas tecnoloxías e ao mesmo tempo aportar propostas de futuro.

É indubidábel o impacto transversal que as novas tecnoloxías da información e comunicación teñen na nosa vida cotiá, tanto a nivel individual como colectivo, e no conxunto de tódolos ámbitos de actividade.

A realidade amosa que namentres o seu emprego medra de xeito exponencial nas sociedades ou núcleos máis desenvolvidos, outra parte da sociedade ten dificultades de acceso, o que provoca o coñecido como “fenda dixital” que aumenta na cidadanía as diferenzas sociais, económicas, xeracionais, profesionais, formativas…

Compételle á administración pública remover as dificultades, e estas non se limitan á posibilitar o acceso. A responsabilidade de asegurar a formación e capacitación caen tamén no seu ámbito de competencias. O mesmo que a definición e o desenvolvemento de ferramentas para asegurar a protección dos dereitos dixitais da cidadanía.

Sen dúbida, outra das características destas novas tecnoloxías e a posibilidade de acceso ao coñecemento. Sendo a cultura e polo tanto o acceso ao coñecemento un dereito xenuíno e inherente a condición humana, neste novo proceso de ilustración da idade dixital, precísase de lexislación que o fomente, asegure e protexa.

As actividades neste sentido da administración pública en xeral e da galega en particular teñen sido erráticas, dubitativas e lentas, propias dunha actividade interesada puntualmente en obxectivos concretos e non na consecución da meta final.

Esta meta non pode ser outra que acadar o emprego de xeito xeral e igualitario das novas tecnoloxías polo conxunto da sociedade, alicerzándose en tres aspectos fundamentais:

Posibilitar o acceso xeral ás ferramentas,
emprego de ferramentas libres
formación.

Por isto, dende Espazo Ecosocialista Galego cos obxectivos de acadar o emprego das novas tecnoloxías baseado nos principios de igualdade, transparencia e participación, e na implantación de ferramentas xustas e éticas no seu emprego, fai as seguintes:

Propostas

1.- É necesario definir, establecer e asegurar a participación do conxunto da sociedade nos diferentes procesos (identificación de problemas, estudo de solucións, definición de obxectivos a curto e medio prazo…) establecendo as canles e ferramentas que foran precisas.

2.- Estudo, definición e implantación dos instrumentos e ferramentas para construír unha política inequívoca da tecnoloxía e coñecemento libre.

3.- Definición de estratexias para o estímulo do modelo produtivo de tecnoloxías libres con diferentes obxectivos:

Apoio ás plataformas que garantan unha industria localizada de software e hardware libre, a través da incorporación de empresas. Igualmente ás outras plataformas vinculadas transversalmente cos procesos formativos, de investigación, de produción…

Definir, establecer e por en marcha mecanismos efectivos para incrementar e axilizar o uso no ámbito empresarial. Con especial apoio aos autónomos e pequena e mediana empresa a través de axudas para a formación, instalación, migración, mantemento).

Apoio a pequena e mediana empresa produtoras de software e hardware libre, así como ás vinculadas que completan a actividade (formación, asesoramento, instalación, migración, mantemento…)

4.- Desenvolvemento do marco normativo que, favoreza o seu impulso e axilice a súa implantación no conxunto da sociedade. Esta lexislación, entre outros aspectos, ten que incluír:

O establecemento do pleno aceso ás novas tecnoloxías e ao seu libre emprego como un dereito da cidadanía. Con especial atención na eliminación das dificultades de acceso sexan: xeográficas, sociais, culturais, económicas, físicas (motrices), ou sensoriais (visuais, auditivas…) ou calquera outra.

O establecemento do software libre como o software de utilización na administración pública. Definindo os aspectos técnicos necesarios, os modelos de produción, os mecanismos de construción e difusión e asegurando a promoción e o apoio as iniciativas con estes fins.

Definir os mecanismos polos que a administración pública partillará entre si o seu propio software e o porá a disposición da cidadanía.

O establecemento do emprego en tódolos ámbitos e niveis da administración pública dos formatos de arquivos estándares e abertos, definindo os prazos de implantación e o procedemento sancionador

Establecer as licencias tipo copyleft, co debido respecto aos dereitos persoais, para a documentación resultante dos procesos e traballos da administración pública.

O mesmo tipo de licenza, a estudar e definir para cada caso, aos traballos culturais, científicos, de investigación ou calquera outro resultantes e financiados na súa totalidade ou en parte, con fondos públicos.

5- Asegurar e incluír as tecnoloxías libres na educación a tódolos seus niveis: primaria, secundaria, profesional, universitaria e formación continua. Fomentando metodoloxías de traballo comunitario e colaborativo que baixo os modelos de “aprender compartindo” promovan a formación dunha cultura reflexiva e responsábel da tecnoloxía.

Exit mobile version