Site icon Crónica3.com A Mariña

FORUS pide que se inclúa ao ex-alcalde socialista de Foz nas listas para as eleccións galegas

FORUS (Foro Rural Urbano Social) composto por persoas do mundo sindicalista, da cultura, do deporte, do campo e do mundo do traballo, lamenta profundamente que, despois do traballo realizado para que o noso candidato ás Eleccións ao Parlamento de Galicia, obtendo una maioría de respaldo das agrupacións da comarca da Mariña, José María García Rivera, non fose incluído no número 3 da candidatura elaborada polo Comité Provincial.

Entendemos que non serve de nada convocar este tipo de asembleas, cando non se respectan os resultados das mesmas. Máis ben parecemos o Partido Popular, que non o Partido Socialista. E con este tipo de comportamentos dos responsables desta desfeita, danos a impresión que o que queren é afundimento do proxecto socialista para estas eleccións, para beneficio propio no futuro.

Éramos moitas as persoas ilusionadas con esta proposta encabezada por Pepe Rivera, que dende logo representaría un cambio substancial para que a nosa comarca tivera perspectivas de futuro nun goberno autonómico.

Desde FORUS facemos un chamamento á dirección do Partido Socialista en Galicia, para que de inmediato, corrixa estes comportamentos, e se inclúa no número 3 ao candidato que lle corresponde segundo á votación das Agrupacións. Todo o demais considerámolo unha tomadura de pelo e un ataque á democracia. Sendo o máximo responsable deste desaguisado José Ramón Gómez Besteiro.

Exit mobile version