Galego de cine é unha actividade destinada a 20 nenos/as de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Baséase na visión e no traballo con diferentes contidos audiovisuais a través dos cales os nenos/as participantes chegarán a construir o seu propio conto. Isto completarase cun video-matón que lles permitirá aos rapaces gravar o conto inventado durante o desenvolvemento das actividades. Galego de Cine vaise desenvolver nunha caravana ubicada na Praza do Centro Cívico de Xove este sábado 29 de setembro, en horario de 10:30 a 13:30 horas