IpV reclama responsabilidade a Xunta e Diputación coa redacción dos estudo da fusión de Alfoz e Valadouro.
Dende IpV reclamamos premura na redacción do estudo de viabilidade sobre a fusión dos concellos do Val do Ouro, xa que fai meses que se solicitaron os estudos e polo de ahora non hai noticias.
A Xunta está a mostrar unha clara intención de deixala morrer nos despachos.
É lamentable o dobre criterio que mostra Feijoo coas unificacións, temos a unificación do pobo que é a do Val do ouro e a unificación dos políticos que é a de Oza e Cesuras, en lugar de primar o interés cidadán prima o interés político.
O estudo de Oza e Cesuras rematárono nun breve periodo de tempo unicamente polo interés partidista do pp,e o do Val do Ouro leva camiño de eternizarse, parece que Feijoo non quere que uns simples concelleiros dun pequeno concello conseguiran o que él non conseguiu, que é por de acordo ós diferentes partidos para a consecucción dun ben común.
Dende IpV preguntaremos formalmente a diputación polo estado do estudo ó tempo que os intaremos a axilizalo, igualmente instaremos a Feijoo a que teña algo de dignidade política e comence a realizar o estudo que el e Alfonso Rueda prometeron e confirmaron que estaban realizando, o que polo de ahora é unha mentira como tantas outras as que nos ten acostumado o pp.