Site icon Crónica3.com A Mariña

Iván Marrube preséntase ás primarias de Compromiso por Galicia pola provincia de Lugo

IVÁN MARRUBE PRESENTASE AS PRIMARIAS DE COMPROMISO X GALICIA PARA ENCABEZAR A LISTA AS AUTONOMICAS POR LUGO

Preséntase a candidatura liderada por Iván Marrube para encabezar a listas electorais pola provincia de Lugo, nas primarias de CxG que se celebrarán maña en Santiago.

Dita candidatura conta con importantes apoios como Xose Anxo Laxe importante referente nacionalista na capital lucense.

Maña unha vez elexidos os cabezas de lista para cada provincia, elixirase de entre estes o candidato a Xunta de Galicia por esta formación galeguista e nacionalista de centro-esquerda.

Os principais motivos que me levan a animarme a presentar a miña candidatura as primarias pola provincia de Lugo, son a miñas ansias e ganas de cambiar as cousas, a demanda da sociedade de renovación política, a firme convicción das nosas posibilidades e a creencia de que a pasividade nos fai comprices do que está pasando o noso redor, a sociedade canto máis pasiva se mostra máis permite o desgoberno.

Creo plenamente na necesidade de crear novas formas de facer política, de practicala. Xa que o que verdadeiramente vai diferenciar a Compromiso do resto de opcións non son as palabras, senón que o mellor aval ante a sociedade serán as nosas accións.

A miña concepción parte de que os partidos deben ser ferramentas ó servizo da cidadanía para aceder ó goberno, e este proxecto é a mellor ferramenta para os galeg@s, para a xente Comprometida con Galcia, a mellor ferramenta para canalizar un movemento cidadán de goberno que lle ofreza ó noso país e a súa xente o mellor futuro posible.

É o momento de aplicar a I+D+I a política, de crear novas formas de traballar, implicadas e comprometidas coa sociedade.

O noso obxetivo é conseguir un goberno centrado en Galicia e nos problemas reais dos galegos, a sociedade non precisa políticos que se pelexen por gañar batalliñas entre eles, senón que precisa dirixentes que falen o seu idioma, que coñezan os seus problemas reais e os solucionen.

A candidatura de Compromiso x Galicia que represento en Lugo, ten o potencial preciso e a capacidade para dar una gran sorpresa electoral, temos a capacidade e plena convicción de que Lugo conseguirá poñer unha voz realmente comprometida no Parlamento Galego, una voz que terá como único fin a defensa dos intereses xerais da cidadanía, a defensa dos intereses reais dos veciñ@s de Lugo.

Exit mobile version