————
INTEGRACIÓN PLENA DA ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA NA COMUNIDADE:
Promover a integración social dos nosos usuarios coa conseguinte integración e sensibilización por parte da sociedade , foi o obxetivo claramente conseguido onte en Burela, por parte da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”.
O éxito foi absoluto, cando nos sumamos ós actos organizados co gaio da Semana Europea da Mobilidade.
Así , os usuarios dos nosos Centros de Rehabilitación Psicosocial, participaron activamente, impartindo un obradoiro de foami para nenos e a actuación de maxia dun dos nosos usuários, o Mago Jo, que foi moi aclamada. Ó mesmo tempo , o persoal da Asociación aproveitou para dar información no stand que se dispuxo ademais para mostrar distintos productos artesanais creados nos talleres ocupacionais.
O obxetivo desta iniciativa era loitar contra o estigma , e promulgar unha verdadeira integración dos nosos pacientes na comunidade; de ahi que hoxe estén todos os nosos usuários moi ledos e satisfeitos, o cal repercutirá moi positivamente na sua mellora terapêutica e subida de autoestima.