Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións mobilizou mozos que se reuniron en diferentes encontros en Mondoñedo e Sarria

Novas Xeracións está a manter unha actitude activa esta precampaña xa que son sabedores de que o PP é o partido que mellor defenderá os seus intereses

NNXX mobilizou preto de 200 mozos da provincia que achegaron as súas propostas para o programa electoral do Partido Popular

 Novas Xeracións da provincia de Lugo seguirá a celebrar foros, que baixo o lema de Falamos, serán auténticos espazos de interlocución cos mozos da provincia

Lugo, 18 de setembro de 2012.- Novas Xeracións da provincia de Lugo mobilizou preto de 200 mozos dos distintos municipios lucenses que se reuniron en diferentes encontros en Mondoñedo e Sarria co obxectivo de trasladarlle aos populares as súas propostas para o programa electoral co que o PP concorrerá ás próximas eleccións de 21 de outubro. O amplo número de mozos e mozas da provincia, acompañados de diferentes dirixentes do Partido Popular, intercambiaron opinións sobre a situación que viven os máis novos e sobre os problemas que máis lles preocupan á xuventude.

Tralo éxito destes encontros, Novas Xeracións da provincia de Lugo organizará novos foros abertos baixo o lema de “falamos” e que serán auténticos espazos de interlocución nos que poderán participar todos os mozos e mozas da provincia. Así, o próximo 27 de setembro celebraránse encontros en Ribadeo e Lugo.

Este tipo de actos permitirá de novo a interacción cos mozos da provincia e defender así os seus intereses en contraposición ao demostrado por gobernos socialistas. Neste senso, Daniel Vega recorda as últimas propostas en materia xuvenil do goberno de Zapatero, que acabou levando a España a unha situación de ruína económica e deixou máis de cinco millóns de parados a nivel nacional.

En contraposición, a xuventude ten un papel cada vez máis protagonista no Partido Popular e no presente e futuro de Galicia e, nesa liña, resulta imprescindible para os populares lucenses darlles voz e contar con eles á hora de deseñar a folla de ruta que esta formación política presenta ante o electorado para os vindeiros anos.

Durante as xuntanzas, os mozos trataron temas tan diversos como a habilitación dun sistema galego de bolsas, o mantemento das políticas que fan das taxas universitarias galegas as máis baixas do conxunto de España, ou propostas varias en ámbitos como a mellora da empregabilidade da xuventude ou sobre a formación dual, que busca ser un espazo de aprendizaxe que une aspectos teóricos e prácticas na empresa.

Exit mobile version