Site icon Crónica3.com A Mariña

Nun acto de precampaña o PP reúnese en Ribadeo con concelleiras e asociacións de mulleres

PRECAMPAÑA: O vindeiro martes no salón de actos da Casa do Mar

Os populares lucenses escollen Ribadeo para dous encontros sectoriais con concelleiras e con asociacións de mulleres

 Jose Manuel Barreiro, presidente provincial, acompañará a Susana López Abella, xunto a Jose Manuel Balseiro e demais representantes do partido

Lugo, 8 de setembro de 2012.- A localidade de Ribadeo foi a escollida polos populares lucenses para albergar dous encontros sectoriais: un deles con concelleiras e outro con asociacións de mulleres. Terán lugar no serán do martes, día 11 de setembro, no salón de actos da Casa do Mar.

A primeira cita, ás 19 horas, acollerá a todas as mulleres concelleiras da Mariña lucense, que manterán un encontro de traballo con Jose Manuel Barreiro, presidente provincial, e Susana López Abella. No acto tamén está prevista a presenza do coordinador provincial de campaña, Jose Manuel Balseiro, e outros cargos públicos populares.

De seguido, ás 20 horas, os dirixentes populares están citados coas principais asociacións de mulleres da comarca, para abordar distintos asuntos relacionados co ámbito de actuación destes colectivos. De feito, cómpre lembrar, que Susana López Abella ademais de coordinadora de Política Social e Benestar do PPdeG, ostenta o cargo de Secretaria Xeral de Igualdade no actual Executivo autonómico.

Os populares lucenses quixeron amosar o seu convencemento de que avanzar na igualdade de oportunidades é progresar na configuración dunha sociedade máis equilibrada e solidaria. E apostaron por compartir opinións e suxestións de cara a dar unha mellor resposta aos retos do día a día, na procura dunha maior e mellor presenza feminina en todos os ámbitos da vida social e profesional.

Desde o Partido Popular de Lugo, queren facer un chamamento a que homes e mulleres se sumen ao proxecto compartido de construír un mundo máis solidario, máis equilibrado e sen discriminacións e tamén a multiplicar esforzos e recursos para poñer en valor o excelente traballo que están a desenvolver as mulleres, coa súa cada vez maior presenza -en moitos casos por riba do colectivo masculino- en ámbitos como a política, a xestión das administracións públicas, ou na participación activa dentro dos colectivos sociais.

UN SAÚDO

2

Exit mobile version