Site icon Crónica3.com A Mariña

O 21-o hai dúas opcións: ou votamos máis do mesmo, ou apostamos polo BNG, aseguran nacionalistas

GUILLERME AFIRMA EN FOZ QUE “O 21-O HAI DÚAS OPCIÓNS: OU VOTAMOS MÁIS DO MESMO, OU APOSTAMOS POLO BNG, POLA ALTERNATIVA PARA SAÍR DA CRISE”

Ana Ermida defende unha tarifa eléctrica propia para Galiza que permita consolidar empresas como ALCOA

Foz, 27 Setembro 2012. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, afirmou este serán nunha charla-coloquio en Foz que “o día 21 de outubro hai dúas opcións: ou votamos por máis do mesmo, polas políticas do PP que xa vemos a onde nos están levando, ou apostamos polo BNG, a alternativa para saír da crise e para defender ás clases populares”.

Guillerme participou esta tarde nunha charla coloquio xunto a Xoán Carlos Basanta, portavoz municipal do BNG; un representante da sanidade pública; un traballador de ALCOA e Ana Ermida, candidata do BNG pola comarca.

O líder nacionalista expuxo ao público que “todos sabemos o que da de si o PP e o señor Feijóo: máis recortes, máis recesión, máis paro e unhas condicións de vida cada vez peores para as clases populares”.

Por iso, defendeu que “o que temos que decidir o día 21 é se queremos continuar por ese camiño, ou darlle unha oportunidade ao BNG, darlle unha oportunidade a políticas alternativas para saír da crise e para defender ás clases populares, á maioría social que está sendo agredida polas políticas de dereitas”.

Ana Ermida defende unha tarifa eléctrica propia para Galiza que permita consolidar empresas como ALCOA

Pola súa parte, a candidata do BNG pola comarca ás eleccións galegas do 21 de outubro, Ana Ermida, defendeu o deseño en Galiza dunha política eléctrica propria que permita pór en valor a especialización que ten o País neste ámbito e consolidar empresas como Alcoa.
A candidata nacionalista lembrou que, por si mesma, Alcoa representa o 30 por cento do PIB da provincia de Lugo e preguntou como é posíbel que un país como Galiza, que é o segundo productor eléctrico do Estado e que é excedentario nesta enerxía non poida deseñar a súa propria política tarifaria.
“O que está acontencendo en Alcoa -dixo- é a consecuencia de termos un goberno galego carente de política industrial durante estes case catro anos e un goberno central cunha política tarifaria totalmente perxudicial para Galiza”.
Neste sentido, explicou que para o BNG é evidente que Alcoa ten que ter unha tarifa acorde coa súa condición de grande consumidora eléctrica, unha tarifa de longa duración e unha “política que recoñeza a nosa especialización productiva que favoreza a consolidación das empresas existentes e a localización doutras novas”

Exit mobile version