Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros e a delegada da Xunta interésanse polos proxectos dun curso de dinamización

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, visitaron onte as instalacións do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro nas que se está a impartir un curso de dinamización comunitaria ao que asisten 15 rapaces de Barreiros e doutros puntos da comarca da Mariña. Arias e Fuente interesáronse polos proxectos que están a desenvolver os alumnos e as posibilidades laborais que poden chegar a ter no futuro ao cursar un certificado de profesionalidade de recente creación como é este. O curso é impartido polo centro de formación Estudios Rafer SL e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e pola Xunta de Galicia. O rexedor subliñou que “é a primeira vez que se realiza un curso destas características na Mariña” e amosóuse moi satisfeito do interés amosado polo alumnado.

Exit mobile version