Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela reuniuse en Santiago coa conselleira de Pesca para tratar de Expomar 2013

O ALCALDE DE BURELA E A CONSELLEIRA DE MAR PERFILAN EN SANTIAGO A IMPLICACIÓN DA XUNTA NA FEIRA EXPOMAR 2013. GONZÁLEZ BARCIA INICIA ASÍ UNHA ROLDA DE CONTACTOS DE CARA A EDICIÓN DO VINDEIRO ANO. O REXEDOR AMÓSASE CONFIADO E OPTIMISTA.

Burela, 21 de setembro de 2012. O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, José María González Barcia, reuníuse en Santiago coa conselleira de Mar, Rosa Quintana Carballo, para comenzar a perfilar a implicación da Xunta de Galicia na edición da Feira Náutico-Pesqueira Expomar, que se celebrará previsiblemente en maio de 2013.
Durante a reunión, á que tamén asistiu Juan Maneiro, secretario xeral de Mar da Consellería de Rosa Quintana, comentáronse os datos máis relevantes do que se pretende que sexa a edición XV da Feira Expomar. Barcia indicou que “hai un firme compromiso por parte da conselleira de apoiar e potenciar Expomar, como o fixo nos últimos anos, e por eso estou confiado e optimista, máxime tendo en conta que todos sabemos o interese de Rosa Quintana pola feira que celebramos en Burela”.
O presidente da Fundación Expomar inicia así unha rolda de contactos de cara á celebración da feira, evento que comezou a súa andaina en 1994 e que hoxe é xa unha cita ineludible para amosar os avances tecnolóxicos do sector náutico-pesqueiro.
Na mesma entrevista, González Barcia e Quintana Carballo analizaron a situación actual en materia de dotacións do recinto portuario burelés. “Portos de Galicia, que depende da Consellería de Mar, está actuando cando é preciso e con certa celeridade, algo que hai que ter en conta nos momentos que estamos a vivir. Por exemplo, estase estudiando facer un dragado en certas zonas do porto, coa finalidade de facilitar o traballo dos barcos”, indicou González Barcia.

Exit mobile version