Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG afirma que o alcalde de Burela gastou 6.000 euros en dietas en sete meses

6.000 € EN DIETAS DO ALCALDE DE BURELA

No Pleno que se celebrou onte en Burela demostrouse, unha vez máis, que o equipo de goberno do PP se caracteriza pola súa nula xestión: ningún proxecto novo, ningunha iniciativa de novas obras e servizos, nada de nada. Só dous temas, de puro trámite administrativo, para encher un Pleno que evidenciou a falta de traballo e xestión do grupo de goberno: a adxudicación definitiva do servizo de axuda no fogar (un punto que, obrigatoriamente, debe de aprobarse en Pleno pola cantidade económica de que se trata) e a aprobación dun protocolo do ano 2006 sobre coordinación dos distintos axentes de seguridade e axentes sociais para a violencia de xénero (o tema a aprobar era simplemente adherirse a ese protocolo pero sen medidas concretas nin nada de nada.)

Polo tanto, un Pleno baleiro de contido que evidencia a falta de traballo e a incapacidade do equipo de goberno do PP para xestionar o noso concello.

Pero, para o que si serviu este Pleno é para coñecer, a través dos decretos de Alcaldía dos que se dá conta no Pleno, o moito de viaxa o sr. Alcalde a conta dos cartos de todos os veciños e veciñas de Burela.

Nun Decreto de finais de agosto figuran 29 facturas por dietas do Alcalde correspondentes a viaxes a Lugo, Santiago, Coruña, Madrid… das que descoñecemos os motivos da viaxe ou as xestións realizadas nas mesmas.

Pero isto non é algo novo. Se por algo se caracteriza o actual equipo de goberno do PP en Burela, e o Alcalde por enriba de todo, é polo seu gusto por viaxar a conta dos cartos de todos. Ante as nosas preguntas nos Plenos sobre os obxectivos e resultados destas viaxes, o Alcalde sempre elude a resposta e contesta que está facendo xextións para o Concello de Burela. Sen embargo, a realidade demostra que isto non é certo porque nada novo vemos: ningunha nova obra, ningún novo proxecto, ningún novo servizo.

E ante isto, dende o BNG, imos presentar unha pregunta por escrito para que o Alcalde nos explique o motivo das viaxes realizadas, as xestións levadas a cabo e os resultados para a nosa vila desas viaxes.

No que vai de ano 2012, de xaneiro a agosto, o Alcalde pasou facturas por dietas de 52 viaxes que nos van custar a todos os veciños e veciñas de Burela case 6.000 € (case un millón das antigas pesetas). Á parte dos 3.000 € que nos custa o Alcalde cada mes, agora temos que pagar todos case 6.000 € máis polo gusto por viaxar e facer turismo que ten o sr. González Barcia.

Pero, o que é máis grave, de todas estas viaxes e desprazamentos a Lugo, Coruña, Santiago, Madrid…, nada sabemos que fai o Alcalde nelas porque non vemos, no día a día, que Burela teña novas obras, novos proxectos ou novos servizos. Entón, que fai o Alcalde nesas viaxes, que xestións realiza, que temas vai tratar?

Se algo temos claro todos os veciños e veciñas de Burela, porque así o repiten día si e día tamén o Alcalde e o seu equipo de goberno, é que non hai cartos para nada: non hai cartos para luz e hai que apagar farolas, non hai cartos para as activades dos maiores, das mulleres e das Escolas deportivas municipais e por iso hai que cobrarlles aos usuarios, non hai cartos para a cultura ou o deporte, non hai cartos para nada e por iso hai que cobrar por todo (polas instalacións municipais e deportivas, por casar…).

Pero, curiosamente, para que o Alcalde viaxe, non sabemos con que obxectivo e sen ningún resultado visible, para aí si que hai cartos: case 6.000 € nestes últimos oito meses.

Dende o BNG imos pedir explicacións claras e detalladas das xestións realizadas nesas 52 viaxes do Alcalde no que vai de ano. Porque se o Alcalde gasta cartos de todos os veciños e veciñas de Burela, ten que dar explicacións deses gastos: viaxes a Madrid que custaron máis de 800 €, viaxes a Medina del Campo de máis de 300 €, viaxes día si e día tamén a Lugo de 70 € cada día, viaxes a Santiago de máis de 100 € cada día…e, o que nos parece máis ruín e indecente políticamente falando, cobrar tamén por representar ao pobo de Burela nas homenaxes que en Coruña e Santiago se fixeron ao policía burelés que faleceu a comezos de ano en acto de servizo.

O Alcalde ten que dar moitas explicacións sobre este despilfarro en viaxes que non nos aportan nada para Burela. Porque non hai cartos para servizos sociais, non hai cartos para a cultura e o deporte, non hai cartos para novas obras… pero si hai case 6.000 € para que o Alcalde os cobre por viaxar nos oito meses que van de ano polo mundo adiante, non sabemos para que nin por que.
——————-

DIETAS ALCALDE

Decreto

Data Factura

Lugar

Euros

Nº 75 (12/02/2012)

10/02/12

Lugo – Secretaría Xeral Igualdade

77,45

10/02/12

Lugo – Deputación

53,95

10/02/12

Santiago e A Coruña

101,74

10/02/12

Madrid – FITUR

459,82

10/02/12

Lugo – Deputación e Otea

73,9

10/02/12

Lugo – Consellería do Mar

75,45

10/02/12

Lugo – SGAE e Deputación

78,55

Nº 245 (29/03/2012)

29/02/12

Lugo – Deputación

73,9

29/02/12

Santiago – Consellería Sanidade

92,52

29/02/12

Lugo – Deputación e Coruña avogados

84

29/02/12

Santiago – Presidente da Xunta

111

29/02/12

Santiago – Urbanismo e Coruña avogados

117,73

29/02/12

Lugo – Deputación

73,9

29/02/12

Portos e Medio Ambiente

112,85

Nº 257 (10/04/2012)

31/03/12

Lugo – Consellería de Educación

73,9

31/03/12

Madrid – Ministerio Fomento

87,95

31/03/12

Lugo – Deputación e Coruña avogados

82,7

31/03/12

Lugo

39,9

31/03/12

Lugo

73,9

31/03/12

Lugo – varias reunións

73,9

31/03/12

Santiago – Dir. Xeral Administ. Local

114,42

31/03/12

Lugo

39,9

31/03/12

Santiago – Patrimonio

108,37

Nº 576 (22/08/2012)

03/04/12

Subdelegación do Goberno

72,15

09/04/12

Lugo – Empresa Cofrico

72,15

10/04/12

Coruña – Plan Rede Azul e Santiago homenaxe Rodrigo Maseda

83,3

12/04/12

Lugo – Comercio, Rural, Educación

72,15

13/04/12

Lugo – Deputación

164,95

17/04/12

Santiago – DX. Adm. Local e Patrimonio

112,32

20/04/12

Lugo – Deputación e Catastro

72,15

26/04/12

Lugo – Estradas e Deputación

57,18

02/05/12

Santiago – Portos

117,57

07/05/12

Santiago – Estradas

173,1

10/05/12

Lugo – Deputación

39,3

16/05/12

Lugo – Patrimonio e Estradas

39,15

18/05/12

Lugo – Deputación

197,5

05/02/12

Santiago – Consorcio Galego e Begonte

110,27

?

Coruña e Lugo

102

13/06/12

Lugo – Fomento

72,15

21/06/12

Santiago – Consellería Medio Ambiente

110,87

29/06/12

Ferrol – cerimonia Chilreu

70,87

09/05/12

Madrid

422,43

29/05/12

Lugo – Deputación

39,4

06/06/12

Santiago – Vivenda

113,67

06/07/12

Lugo – Otea

38,15

11/07/12

Santiago – Consellería Presidencia

110,27

15/07/12

Medina del Campo

349,95

18/07/12

Santiago – Egap e Portos

110,27

25/07/12

Santiago – medallas Castelao Rodrigo Maseda

76,27

31/07/12

Lugo – presentación Feira do Bonito

38,15

10/08/12

Lugo – Xunta e Deputación

38,15

13/08/12

Lugo – Monsa

38,15

TOTAL

5. 395,69

Exit mobile version