Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG celebra un acto en Viveiro para chamar a atención sobre as consecuencias económicas e sociais das políticas do PP

O BNG CHAMA A ATENCIÓN SOBRE AS CONSECUENCIAS DAS POLÍTICAS DO PP NA MARIÑA CUN ACTO EN VIVEIRO

Viveiro, 19 de setembro de 2012. O BNG da Mariña celebrará mañá, xoves 20 de setembro, ás 12:00 horas, na praza de Fontenova, en Viveiro, un acto público no marco da campaña ‘Futuro para A Mariña’ coa que pretende chamar a atención sobre as consecuencias económicas e sociais que as políticas que está a implementar o Partido Popular dende a Xunta de Galiza e o Goberno central están a ter na comarca.

Neste acto participarán Ana Ermida, candidata número tres por Lugo, Bernardo Fraga, tenente de alcalde de Viveiro e número trece da candidatura nacionalista , e Alexandre Casal responsable local do BNG en Viveiro.

Nos últimos tres anos o desemprego na Mariña incrementouse de xeito exponencial, especialmente entre as mulleres, que son as que máis están a pagar as consecuencias de medidas como a reforma laboral.

Dende o BNG alértase de que “de continuar as políticas neoliberias do Partido Popular e a obsesión de Feijóo e Rajoy polo déficit cero así como a inexistencia de proxectos sólidos e coherentes para sectores estratéxicos como a pesca, o turismo ou o enerxético, o futuro da Mariña está condenado”.

Exit mobile version