Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Alfoz denuncia que a Consellería de Medio Ambiente deixa sen auga a Finca Galea

A CONSELLARIA DE MEDIO AMBIENTE DEIXA SEN AUGA Á FINCA GALEA DE ALFOZ

O BNG quere denunciar publicamente as prexudiciais actuacións que a Consellaría de Medio Ambiente está a levar a cabo na Finca Galea de Alfoz.

Coa construción da escolleira por parte da devandita consellaría, variouse a altura da presa e máis a distancia, o cal está a deixar sen auga as numerosas canles e cursos fluviais do complexo turístico, coñecido a nivel internacional como Museo da Auga, pola recuperación e divulgación de muíños, batáns e outros enxeños hidráulicos tradicionais da sabedoría labrega.

A Finca Galea ten unha transferencia concedida por Augas de Galiza de 764 litros de auga por segundo, e nalgúns dias non chega a 100.

O descenso do caudal pon en serio perigo non só o funcionamento dos aparellos movidos coa forza da auga senón que fire gravemente o atractivo dun enclave natural e turístico dos máis antigos da comarca.

O BNG está a traballar nunha iniciativa parlamentar pra denunciar esta situación e reorientala, na procura de que a Finca Galea poida desfrutar do caudal preciso pra o desenvolvemento normal das suas actividades, e tanto a poboación local como os visitantes poidan deleitarse neste espazo natural.

A presa sita na devandita finca está a sufrir contínuas actuacións por parte da Consellaría de Medio Ambiente, cando outras presas da contorna (Bacoi, Santo Acisco, Teixeira) apenas reciben a visita dos responsábeis do ente, feito que semella sospeitoso e que delata unha especial fixación coa Finca Galea.

Exit mobile version