Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Alfoz-Valadouro organiza un xantar de confraternidade no Castrodouro conmemorando o Día da Galiza Mártir

O BNG CONMEMORA A GALIZA MÁRTIR EN ALFOZ

Esta celebración naceu hai 15 anos a nivel local

O BNG de Alfoz-Valadouro organiza pra vindeiro domingo 16 ás 12:00 h. un xantar de confraternidade no espazo de lecer do Castrodouro, Alfoz (acarón do castelo), conmemorando o DÍA DA GALIZA MÁRTIR.

Este acto vénse celebrando a nivel nacional todos os 17 de agosto, data do fusilamento do galeguista Alexandre Bóveda no 1936, mais desta volta tivemos que aprazalo até setembro pra que non coincidise con outros eventos.

Esta conmemoración comezou a organizarse no ano 1997 dende a Asemblea do BNG de Alfoz-Valadouro, polo tanto este ano cúmprense quince anos deste evento local,

Trátase dun xantar de lembranza e homenaxe a todos os represaliados, exiliados ou asasinados pola defensa da liberdade, a democracia e os dereitos nacionais da Galiza.

Antes do xantar daráse lectura a un manifesto a prol da soberanía nacional do pobo galego e ao remate da comida terá lugar un recital poético a cargo de persoeiros do eido literario mariñao, adicado ás vítimas de persecución e represión por causas ideolóxicas.

Na clausura do evento soará o Himno Galego interpretado por un grupo local de gaiteiros.

Pra participar deben dirixirse a: alfozvaladouro_bng@hotmail.com

Exit mobile version