Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que as declaracións do Presidente ds Xunta sobre Alcoa crean incertidume sobre o futuro da factoría

VEIGA DENUNCIA QUE AS DECLARACIÓNS DE FEIJÓO SOBRE ALCOA CREAN MÁIS INCERTIDUME SOBRE O FUTURO DA FACTORÍA

O responsable comarcal do BNG na Mariña urxe unha solución sobre a tarifa eléctrica antes das eleccións do 21-O

Os nacionalistas recordan a Feijóo, ao que consideran valedor de Rajoy en Galiza, que a construción do ramal central do gasoduto é competencia do seu goberno

“Un goberno responsable busca solucións e non as atrasa en función dos intereses electorais”

A Mariña, 11 de setembro de 2012. O responsable comarcal do BNG na Mariña, Antonio Veiga, esixe a Núñez Feijóo que “deixe de facer declaracións de intencións sobre o futuro da factoría de Alcoa na comarca e obrigue ao goberno de Mariano Rajoy, do cal é valedor en Galiza, a presentar, de xeito inmediato, una solución para garantir una tarifa eléctrica competitiva.”

“Tanto o presidente Rajoy como o presidente Feijóo –insiste Veiga- comparten a estratexia de facer declaracións baleiras de contigo e esperar a que os problemas de Galiza se resolvan co paso do tempo. Lavarse as mans non é función dun goberno responsable; un goberno serio e comprometido cos problemas dos cidadáns busca solucións, non as adia en funcións dos intereses electorais do seu partido. Rajoy e Feijóo poden deixar de facer o esforzo de pensar que declaracións facer cada día porque xa ninguén cree na súa palabra nin nas súas políticas” .

Para o responsable comarcal dos nacionalistas as declaracións de Núñez Feijóo afirmando que Alcoa debe “disminuir la dependencia” da enerxía eléctrica “crean máis incertidume sobre a viabilidade da planta na Mariña e demostran o descoñecemento absoluto que o presidente de Galiza ten sobre este problema. É sabido que a parte de Alcoa que se adica á fabricación da alúmina non pode reducir a súa dependencia eléctrica. En todo caso, é competencia da Xunta construír o ramal central do gasoduto, algo que o propio Feijóo prometeu e non cumpriu.”

“Tamén hai que recordarlle a Feijóo – continúa Veiga- que parte desta situación é consecuencia directa da política de liberalización que iniciou o expresidente José María Aznar, do Partido Popular, e que continuou o goberno de Rodríguez Zapatero. Dende O BNG sempre alentamos dos perigos dos monopolios”.

Dende as filas nacionalistas piden a Mariano Rajoy e a Núñez Feijóo que “ofrezan unha solución para a planta de Alcoa e dean a coñecer a letra pequena desa solución antes do 21-O. Os veciños e veciñas da Mariña deben ir a votar sabendo que plans de futuro ten o Partido Popular para a comarca”.

Exit mobile version