Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncian que “o PP xoga ao ‘ti máis’ para non facerse responsable da súa nefasta xestión na crise de Alcoa

ERMIDA PIDE A FEIJÓO QUE PRESIONE POLITICAMENTE A RAJOY PARA QUE APROBE UNHA TARIFA ELÉCTRICA REDUDICA PARA ALCOA ANTES DO 30 DE SETEMBRO

“Defender os intereses de Galiza, de Lugo e da Mariña supón ter valentía para plantarse diante de Rajoy e esixirlle medidas para manter os máis de 2.000 postos de traballo que están en perigo”

Os nacionalistas denuncian que “o PP xoga ao ‘ti máis’ para non facerse responsable da súa nefasta xestión na crise de Alcoa”

Viveiro, 20 de setembro de 2012. No marco da campaña ‘Futuro para A Mariña’, posta en marcha polo BNG, a praza de Fontenova de Viveiro foi o esceario dun acto cuxo obxectivo foi chamar a atención sobre as consecuencias que a xetión do PP ao fronte da Xunta de Galiza e do Goberno do Estado está a ter para a comarca.

Durante este acto os candidatos nacionalistas ás autonómicas, Ana Ermida e Bernardo Fraga, e o responsábel local do BNG de Viveiro, Alexandre Casal, denunciaron o incremento exponencial do número de desempregados que sufriu a Mariña nos útimos tres anos por mor do feche de empresas emblemáticas como Ecar en Mondoñedo, Gres Burela ou por Eres como os de Móbeis Hermida en Lourenzás ou Construcións Mon tamén en Burela. En tres anos a comarca da Mariña pasou de ter 3.566 desempegados en agosto de 2009 a ter 4.839 en agosto de 2012; sendo as mulleres un dos colectivos máis afectados; no mesmo periodo o número de paradas aumentou un 21%.

Segundo explicou Ana Ermida “a comarca da Mariña ten recursos potenciais suficientes en sectores estratéxicos como a pesca ou o turismo que é preciso xestionar con responsabilidade e sentido de país, algo que o Partido Popular xa demostrou que non é capaz. Os populares non son capaces de xestionar situacións de crise como a actual e a mellor proba diso é a incertidume sobre o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao. O Goberno de Mariano Rajoy non é capaz de pór sobre a mesa unha solución para que este complexo alumieiro manteña a súa actividade cunha tarifa eléctrica competitiva. Os populares prefiren estar ao carón dos monopolios, neste caso das eléctricas, que ao carón dos cidadáns.”

“A desidia do presidente do Goberno do Estado e do ministro de industria, José Manuel Soria, -insistiu Emida- vai acompañada da despreocupación do presidente da Xunta de Galiza. Feijóo, tras meses de conflicto, aínda non se pronunciou con contundencia sobre un asunto no que están en xogo máis de 2.000 empregos e o 35% do PIB lucense”.

Dende as filas nacionalistas esixen ao presidente da Xunta e candidato á relección, Núñez Feijóo, ao presidente provincial do PP lucense, José Manuel Barreiro, ao secretario provincial, José Manuel Balseiro, á ex delegada da Xunta e cabeza de lista por Lugo para as autonómicas do 21-O, Raquel Arias, e á portavoz do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, a que “fagan fronte común a favor de Alcoa e exerzan canta presión política sexa necesaria diante do presidente Mariano Rajoy para que, antes do 30 de setembro, adopte medidas que salvagarden a continuidade de Alcoa na Mariña e, polo tanto, os miles de postos de traballo que están en xogo. Gobernar en Galiza, ter responsabilidades políticas en Galiza e en Lugo, supón defender os intereses do país e dos veciños e veciñas, tamen ante un Goberno central da mesma cor; defender Galiza e aos mariñaos é ser valente e plantarse diante de Rajoy a pedirlle explicacións e un marco tarifario competitivo para a comunidade”.

Ermida concluíu a súa intervención facendo un chamamento á responsabilidade dos populares. “O que precisa Alcoa son solucións, non xogar ao xogo do ‘ti máis’. Dende o BNG pedímoslle a José Manuel Barreiro que deixe de buscar culpables e pida solucións ao seu partido”.

Exit mobile version