Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG participou na marcha convocada polos traballadores de Alcoa desde a factoría até o cruce coa N-642

OS NACIONALISTAS SEGUEN MOSTRANDO O SEU APOIO AOS TRABALLADORES DE ALCOA

“No BNG non queremos galegos como Rajoy e Feijóo que abandonan aos seus veciños cada vez que hai problemas”

A Mariña, 21 de setembro de 2012. Unha ampla representación de membros do Bloque Nacionalista Galego, encabezada polo candidato ás eleccións autonómicas do 21-0 por Lugo, Cosme Pombo, participou na marcha convocada para hoxe polos traballadores de Alcoa desde as instalacións da factoría en San Cibrao até o cruce coa N-642 en O Castelo.

Pombo, xunto coa tamén candidata nacionalista, Ana Ermida, o responsbale comarcal da formación e vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, e alcaldes do BNG na comarca, mostraron o seu apoio e respaldo a todas as reivindicacións dos traballadores do complexo alumieiro e resaltaron o exemplo que está a dar toda a sociedade da Mariña; unida pedido solucións para que a planta poda seguir funcionando e dando emprego a máis de 2.000 traballadores.

Cosme Pombo insistiu en que “o tempo segue correndo e o Partido Popular en galego e lucense segue a xogar ao despite e ao tí máis ao tempo que o Goberno de Mariano Rajoy segue en silencio e sen presentar solucións que garantan o futuro de Alcoa”.

Pola súa banda Ana Emida pregúntase “onde está o presidente do Goberno central que aínda non se pronunciou sobre un tema clave para o futuro da provincia de Lugo e o cal pode resolver cando queira. No BNG non queremos galegos como Rajoy e Feijóo que abandonan os intereses dos seus veciños cada vez que hai un problema”.

Exit mobile version