Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG preguntará no pleno polos problemas sufridos no subministro de auga e na depuradora de Reinante

O BNG PREGUNTARÁ NO PLENO ORDINARIO DESTA TARDE POLOS PROBLEMAS SUFRIDOS NO SUBMINISTRO DE AUGA E NA DEPURADORA DE REINANTE DURANTE O VERÁN. OS NACIONALISTAS CRITICAN QUE O ALCALDE NON INCLUIU NINGUNHA DAS MOCIÓNS PRESENTADAS NA ORDE DO DÍA.

Barreiros, 24 de setembro de 2012. O BNG preguntará no pleno ordinario de hoxe polos problemas sufridos no subministro de auga e na depuradora de Reinante durante o verán.

A portavoz nacionalista no Concello de Barreiros, Ana Ermida, explicou que “hoxe ás 19:30 da tarde convocóuse un pleno ordinario en Barreiros, unha sesión na que a pesares de existir varias mocións rexistradas polo BNG na orde do día non se contempla ningunha delas. Unha, por exemplo, era referida ao pago dos medicamentos por parte dos pensionistas. A orde do día inclúe asuntos de trámite como a presentación da conta xeral de 2011, a elección dos membros das mesas para as eleccións ou unha permuta de terreos”.

Ermida indicou que “a maiores o BNG no punto de rogos e preguntas, e dado que non foi incluido na orde do día, interesaráse polos problemas que houbo durante o verán co subministro de auga en Barreiros e coa depuradora de Reinante, porque entendemos que é un tema o suficientemente importante como para poder ser tratado en pleno. Xa no seu momento o solicitamos por escrito no rexistro do Concello, pero como non se incluiu na orde do día farémolo constar en rogos e preguntas. E tamén preguntaremos, tras as últimas informacións aparecidas na prensa, polos problemas que está a haber co cobro da auga e coa xestión que o grupo de goberno veu levando adiante ata este momento”.

Desde o Bloque Nacionalista Galego animan á”s veciñas e aos veciños de Barreiros a acudir ao pleno xa que se van tratar temas importantes. Os plenos son públicos e así poden ver cómo funciona o do Concello de Barreiros”.

Exit mobile version