Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG reclama o Estado e á Xunta garantías para manter todos os empregos de Alcoa en Galiza

O BNG RECLAMA AO ESTADO E Á XUNTA GARANTÍAS DE QUE SE MANTERÁN TODOS OS EMPREGOS DE ALCOA EN GALIZA

Antonio Veiga urxe unha solución de futuro para o problema da tarifa eléctrica e insiste en que unha solución transitoria empeoraría a situación

Lugo, 28 de setembro de 2012. A presidenta do Parlamento galego vén de convocar unha xuntanza extraordinaria da Deputación Permanente da Cámara autonómica ante a situación límite de Alcoa na comunidade. Xa o pasado 12 de setembro o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego solicitou dita convocatoria para fixar unha postura común co fin de garantir a continuidade da factoría en San Cibrao e na Coruña.

O responsable comarcal do BNG na Mariña, Antonio Veiga, insiste na necesidade de facer todo o posible para garantir a viabilidade das dúas plantas que a alumieira ten en Galiza, así como na importancia de garantir todos os postos de traballo nas dúas factorías. “O desemprego na comunidade está alcanzado cifras extraordinariamente negativas como para por riba permitir que se perdan preto de 3.000 empregos máis. A Xunta debe presionar até o último momento ao Goberno do Estado para que busque unha solución de futuro ao problema da tarifa eléctrica; de nada serviría unha solución transitoria que so contribuiría a empeorar a situación”.

Exit mobile version