Site icon Crónica3.com A Mariña

O C.B Burela atrasou unha xuntanza preto dunha hora ata que o Grumir abriu a porta do local municipal

O Club Baloncesto Burela tiña convocados aos pais/nais das xogadoras dos equipos Júnior e Cadete a unha xuntanza coa diretiva para informalos sobre a nova temporada 2012-2013, dita xuntanza estaba prevista para as 11:30 de hoxe sábado no Salón de conferencias da antiga biblioteca, para iso como é preceptivo solicitaramos o local e abonamos a taxa correspondente 10 €.

En vista de que o local estaba pechado ás 11:45 chámamos á Policia Muncipal que nos informa que avisa aos Grumir para que nos abran. Ás 12:25 chegan abrirnos os locais cando xa algúns pais abandonaran o local.

Unha hora tarde, hora de Canarias, informamos aos pais sobre o que temos previsto para temporada, queremos aproveitar este medio para pedir disculpas aos pais das xogadoras por un feito que para nada é imputable ao Club. E non temos calificativos para aplicarlle a un goberno muncipal, que nos deixou sen axudas de ningún tipo, nos cobra 10€ polo uso dun local que no nos abre e pon todos os atrancos posibles aos nenos e xoves que queren practicar deporte. Entendemos  que este é o camiño máis corto para acabar co deporte en Burela.

A próxima semana tiñamos previsto informar aos pais das categorías inferiores, pero teremos que reprantexarnos onde.

Exit mobile version