Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo anuncia que se está posicionando e buscando o seu oco turístico e comercial en Houston

Cervo dáse a coñecer en eventos e centros de negocios e socialización de Houston na Semana de Galicia

O Concello de Cervo anuncia que se está posicionando e buscando o seu oco turístico e comercial en Houston

-Hoxe o concello estará presente no Stafford Center, un centro de congresos e eventos da cidade texana

-O programa de actos incluíu a proclamación oficial da Semana de Galicia, concedida polo concello de Houston

Cervo, 21 de setembro de 2012-Cervo estase posicionando e buscando o seu oco turístico e comercial en Houston (Texas) a través da Semana de Galicia promovida pola empresa Go Galicia Worldwide Business e na que participan varios concellos galegos, a Xunta e outras entidades. No caso do Concello de Cervo, o municipio está presente no evento xunto con Sargadelos e outras empresas do territorio cervense.

A promoción de Cervo estase realizando a través de continuas presentacións en distintos eventos, espazos de negocios e de socialización da cidade e nos medios de comunicación. Onte mesmo o municipio tiña protagonismo na International Business Conference and Expo, un encontro de alcance internacional no que participaron uns 250 empresarios de todos os sectores, no que varias persoas se interesaron polo tecido industrial e empresarial así como pola oferta inmobiliaria do municipio. Un evento no que estivo presente a alcaldesa de Houston, Anise Parker e o sheriff, Adrián García, que recibiron como agasallo senllos pratos de Sargadelos deseñados exclusivamente para a ocasión.

A presentación de Cervo tamén chegou ata a Universidade de St. Thomas, ante un grupo de estudantes e público interesado no municipio. Para hoxe está prevista a presentación no Standfford Center, un centro destinado á organización de congresos, convencións e grandes eventos.

Nas presentacións estívose entregando material promocional, tanto turístico como das empresas que se acolleron ao chamamento realizado no seu día polo Concello para participar no evento. Tamén se proxectou un vídeo con imaxes dos maiores atractivos turísticos do municipio, que tivo moi boa acollida. Sargadelos tamén tivo o seu acto propio, no que se exhibiron varias pezas de cerámica e se deron a coñecer as especificidades da arxila galega que se procesa na planta asentada en Cervo.

O evento comezaba o pasado luns coa recoñecemento oficial da Semana de Galicia, un acto no que a alcaldesa da cidade e o vicealcalde, Ed González, entregaron o documento de proclamación aos representantes da empresa promotora, e que supón un impulso a un proxecto pioneiro que acaba de arrincar.

“Hacer un balance en estos momentos sería precipitado, ya que la Semana de Galicia en Houston es sólo un reclamo inicial que se completará con distintas acciones repartidas durante todo un año. Pero además, hay que tener en cuenta que los efectos de esta inciativa se deben valorar a medio-largo plazo” explica a edil de Turismo, Begoña Alonso. “Lo que es seguro, y así nos lo están transmitiendo los representantes de la empresa organizadora, que están llevando a cabo todos los trabajos de promoción” engade a edil, “es que la Semana de Galicia está teniendo muy buena acogida por parte de los empresarios y del público en general así como en los medios de comunicación, que le están dando difusión, y por supuesto del ayuntamiento de Houston, que ya ha proclamado el evento de forma oficial”.

O alcalde, Alfonso Villares tamén fixo unha valoración moi positiva: “Dende o Concello estamos convencidos de que a Semana de Galicia en Houston será beneficiosa para o noso municipio, porque a súa filosofía é tan clara como eficaz: Ensinar e expoñer todo o que temos aquí, e levalo a lugares nos que hai posibilidades para iniciar novas relacións”. Para Villares “o camiño que temos que tomar nestes momentos é o de abrir novas ventás para o turismo e os negocios”.

Críticas do PSOE

O rexedor lamentou que “haxa que non sexa quen de alegrarse de que o nome de Cervo se comece a escoitar noutros lugares aos que nunca chegaramos” en alusión ás críticas do grupo municipal socialistas sobre esta iniciativa de promoción e sobre o estado das praias. “O que non se pode facer é mesturar esta apertura de miras que supón a Semana de Galicia co estado das praias”, explica o mandatario cervense, a quen lle parece que “os socialistas non se queren dar conta de que a situación económica, non de Cervo, senón de todo o mundo, é moi dura, e polo tanto, é inevitable que haxa certos servizos que se resintan, e cos que resulta imposible facer máis”. O que é “innegable” para o rexedor é que “o traballo das persoas contratadas para a conservación das praias foi encomiable e fixeron un esforzo digno de loanza”.

Exit mobile version