Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo organiza unha xornada sobre reciclaxe do lixo en San Cibrao

A praza dos Campos acollerá unha xornada sobre separación de residuos con charlas, actividades prácticas e obradoiros

-A iniciativa forma parte dunha campaña da Consellería de Medio Ambiente en toda Galicia e que arrincará na Mariña

-Cervo será o segundo concello galego que participa nesta acción de concienciación e información

-A actividade estará centrada na correcta separación do lixo co obxectivo de reducir o volume de residuos que se botan ao contedor equivocado

Cervo, 12 de setembro de 2012-O Concello de Cervo participará o vindeiro mércores día 19 nunha campaña de información e concienciación sobre a recollida selectiva e a reciclaxe que a Consellería de Medio Ambiente levará a cabo por toda Galicia e que arrincará na Mariña lucense. De feito, Cervo é o segundo municipio galego no que se realizarán as distintas actividades previstas.

A iniciativa terá lugar nunha carpa situada na praza dos Campos de San Ciprián de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Unha acción divulgativa enfocada como aula de concienciación que incluirá un conxunto de actividades, combinando as explicacións coa práctica. A temática desta xornada é a separación correcta do lixo xerado no fogar co obxectivo de reducir o volume dos impropios, é dicir, aqueles residuos que se depositan nos contedores equivocados por un descoñecemento do usuario. De feito, segundo os datos de Ecoembes, case o 23% dos residuos que chegan ao contedor amarelo e o 2% dos depositados no iglú verde foron depositados erroneamente e corresponderían a outro contedor.

Ao longo do día, 6 monitores atenderán aos usuarios que se acheguen ata a carpa para participar nas distintas actividades, que comezarán cunha charla na que se explicará con métodos didácticos, sinxelos e atractivos, como se debe realizar a separación de lixo, que tipo de residuos se deben depositar en cada colector e cales non, así como a importancia dunha correcta distribución. Despois de recibir esta información, haberá aplicacións prácticas sobre a separación e obradoiros sobre a reutilización, co obxectivo de concienciar á cidadanía de que moitos residuos poden ser recuperados e adoptar outra función diferente á do primeiro uso. Ao remate das actividades haberá un exame voluntario e agasallos para as persoas que teñan colaborado respondendo ás preguntas.

A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, manifestou a súa satisfacción “porque Cervo pueda participar en esta campaña”. A edil asegura que “en los últimos años, las iniciativas de concienciación medioambiental y de reciclaje se han centrado en animar a la ciudadanía a separar los residuos en casa y depositarlos según sus características e uno u otro contenedor” pero, “ahora que buena parte de la sociedad está concienciada, ha llegado el momento de dar un paso más, y de perfeccionar la separación de residuos para que no entorpecer en el proceso de reciclado en las plantas de tratamiento” engade Alonso.

Deste xeito, a concelleira anima á veciñanza a acudir á praza dos Campos o mércores 19 de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas para participar “en unas actividades con las que, al mismo tiempo que nos divertimos, podremos adquirir nuevos conocimientos sobre el reciclaje y la separación de residuos” remata a delegada de Medio Ambiente.

Exit mobile version