Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá ten aberto o prazo para renovar carnés de fabeiro e para inscricións de produtor de faba

Así como para novas inscricións no Rexistro Municipal de Produtor de Faba

O CONCELLO DE LOURENZÁ TEN ABERTO O PRAZO PARA A RENOVACIÓN DOS CARNÉS DE FABEIRO

Os produtores con Carné de Fabeiro terán un lugar diferenciado para as súas transaccións dentro do mercado municipal que se celebra os domingos a partires do 16 de setembro.

O prazo de renovacións remata o 14 de setembro polas mañás no Concello e as tardes na Biblioteca Municipal

O custe de renovación ou expedición será de 2 €

Lourenzá, 7 de setembro do 2012.- Un ano máis por estas datas o Concello de Lourenzá ten aberto o prazo para  renova-lo carné de produtor de FABA, coñecido como CARNE DE FABEIRO DO CONCELLO DE LOURENZÁ, para poder acceder ao recinto, destinado a tal fin, nos habituais mercados de faba a granel dos domingos que se iniciarán o vindeiro día 16, sendo imprescindible que presenten o carné renovado cada domingo para poder acceder ao recinto.

Como en anos anteriores os fabeiros con Carné estarán separados fisicamente dentro do recinto daqueles outros que non o posúan como medida diferenciadora da faba a granel que se vai a vender.  Todos os fabeiros con carné están respondendo ante os compradores de que a súa mercancía foi producida na Mariña Lucense, ademais esta medida permítenos en todo momento, ademais de regular as transaccións a granel de faba no mercado municipal estimar a produción potencial de Faba que se produce na Mariña de Lugo e que podía ser certificada a través da IXP Faba de Lourenzá.

É moi importante ter en conta que este carné non interfire para nada coa distinción de I.X.P. Faba de Lourenzá, xa que esta última,  non se certifica nas transaccións a granel.

O prazo para inscricións e renovacións xa está aberto e rematará o venres 14 de setembro.

Renovarase polas mañás na oficina da Técnico de Emprego situada na casa consistorial de 9 a 13 horas e polas tardes na Biblioteca Municipal de 17:30 a 20:00 sendo necesario trae-lo antigo carné e, en caso de ter que facelo de novo, deben traer unha fotografía recente así como a copia do DNI.

Por primeira vez este ano o custe de renovación ou expedición será de 2 €, aprobada esta taxa en Pleno dentro das medidas do Plan de Axuste aprobado polo concello

Exit mobile version